Exposición de motivos: A Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local veu a reformar a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, poñendo en xaque a base do municipalismo e o modelo que garantiu a cohesión social do noso país nos últimos 30 anos. […]
O xoves 28 de xaneiro, ás 21:00 horas celebrarase na casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Lectura e aprobación da acta correspondente á sesión celebrada o día 22-12-2015 2. Aprobación, se procede, da proposta presentada polos sectores do mar de Galicia instando á retirada […]
O venres 29 ás 20:30h preséntase en Exposalnés o libro “el humo del Diablo” de Fernando Salgado. No acto de presentación intervirán o autor do libro, Fernando Salgado, o concelleiro de cultura, Víctor Caamaño, e a xornalista Susana Luaña. O evento contará coa proxección dun audiovisual sobre o protagonista do libro.
Finalizado o período de exposición pública sen presentarse reclamacións, entendese elevado automáticamente a definitivo o acordo de aprobación inicial adoptado polo Pleno da Corporación en sesión celebrada o día 24.09.2015, ata agora provisional, procedéndose á publicación do seu texto íntegro, para xeral coñecemento, xunto cos modelos de Solicitude de admisión de Proxectos Empresariais. Descargar: MEMORIA […]
No Pleno Ordinario do mes de xaneiro a Concellería de Deportes presentará unha proposta de Regulamento de Réxime Interno para aplicar na piscina municipal de Cambados. Será obxecto deste Regulamento, definir o funcionamento, uso e goce da Piscina Municipal de Cambados. Considérase que unha infraestructura municipal deste tipo non debe estar en funcionamento sen a […]
José Ramón Abal, concelleiro de enoturismo, será o encargado nesta ocasión de promocionar a vila cambadesa na 63 edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR) no recinto feiral de IFEMA do 20 ao 24 de xaneiro en Madrid. A presentación de Cambados será como cada ano no stand de Galicia, a través de Turgalicia e […]
Descargar: Ofertas Cambados.pdf Descargar: Ofertas Vilagarcia.pdf Adxuntos Descargar: Ofertas Cambados.pdf (210 kB)Descargar: Ofertas Vilagarcia.pdf (71 kB)
CENSOLAR, centro de estudos da Enerxía Solar, concede 20 becas para cursar de forma totalmente gratuíta durante o curso 2016-2017, mediante a modalidade de ensinanza a distancia, os estudos conducentes á obtención do Diploma de Proxectista Instalador de Enerxía Solar. Os requisitos que se piden son: residir na Unión Europea e posuír uns coñecementos técnicos […]
A Corporación Municipal, por maioría, acorda: 1º.- Manifestar o apoio do Concello de Cambados á flota do cerco e artesanal nas súas reclamacións de reparto xusto das cotas de captura das distintas especies sometidas a TACs. 2º.- Instar ao Goberno da Xunta para que reclame un cambio de modelo na xestión e no reparto das […]
A oficina municipal de información xuvenil e voluntariado (OMIX) de Cambados porá en marcha, entre o 2 de febreiro e o 15 de marzo uns talleres de reforzo da memoria, reforzo cognitivo e psicomotricidade para maiores. Os talleres desenvolveranse en horario de 10:30 a 12:00 no centro sociocultural “a Merced”, e serán gratuitos ata completar […]


