• Facebook
  • Twitter
  • YouTube
Galego
  • Español Español
  • English English

[Web Oficial do Concello de Cambados]

logo

Menu

  • Concello
      • Administración
        • iconSaúdo da Alcaldesa
        • iconCorporación Municipal
        • iconPerfil do Contratante
        • iconPortal de Transparencia
        • iconSede Electrónica
        • iconFACe
        • iconTaboleiro de Anuncios
        • iconOfertas Emprego
        • iconPlataforma de Cobros
      • Áreas Municipáis
        • iconEconomía, Facenda, Industria, Comercio e Promoción Económica
        • iconMuller e Igualdade
        • iconServizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade
        • iconTurismo
        • iconXuventude e Novas Tecnoloxías
        • iconEmprego e Orientación Laboral
        • iconCultura, Ensino, Patrimonio, Deporte e Normalización Lingüistica
        • iconParticipación Cidadá
        • iconMedioambiente, Mar e Medio Rural
      • Servizos
        • iconCentros de saúde e Farmacias
        • iconPolicía e Protección Civil
        • iconXulgados
        • iconInstalacións / lecer
        • iconDirectorio
        • iconMuseosEn Cambados podemos atopar varios museos como o Museo Etnográfico e do Viño, a Casa Museo do poeta cambadés Ramón Cabanillas, ou o Muíño de Mareas da Seca.
        • iconCentros Culturais
  • Perfil do Contratante
    • iconObras
    • iconPrestación Servizo
    • iconServizos
    • iconSuministros
    • iconOutros
    • iconVer todos
  • Turismo
        • iconDescubre Cambados
        • iconGastronomia
        • iconFesta do Albariño e AdegasCambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.
        • iconLecerA vila de Cambados é coñecida sobre todo por ser a Capital do Viño Albariño, pola súa excelente gastronomía, polo seu incomparable Conxunto Histórico Artístico, pola amabilidade e familiaridade das súas xentes… pero Cambados é moito máis: é tempo de lecer, de traquilidade, de relaxación e de festa. Aquí podemos ver algunhas das propostas que nos ofrece a fermosa vila:
        • iconRutas de sendeirismoOutro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.
        • iconRueiro
        • iconOnde XantarA señorial vila de Cambados asombra o visitante co seu espléndido conxunto histórico… pero co que realmente o conquista é coa súa incomparable gastronomía. Cambados, conta con tres portos, destacando o porto pesqueiro de Tragove, onde se sitúa a lonxa. Alí, cada día, mariñeiros e mariscadoras traen á poxa a captura da xornada. Os restauradores acoden a ela para poder ofrecer nas súas cartas os peixes e mariscos máis frescos e de mellor calidade. Isto, xunto cos produtos frescos da horta, as conservas…, e todo maridado co mellor albariño, fan que a vila cambadesa conte cunha das mellores ofertas de restauración da comarca. Así, establecementos de cociña tradicional, restaurantes de cociña de deseño e Estrela Michelin, xunto con mesóns, taperías e vinotecas fan que o recordo de Cambados non só quede na nosa memoria senón tamén no noso padal.
        • iconOnde DurmirCambados caracterízase por ser un municipio hospitalario, onde o visitante se sente a gusto polo trato amable e o carácter aberto dos seus habitantes. A oferta hostaleira é ampla e diversa con moi boa relación calidade-prezo, o que permite gozar tanto dunha acolledora casa rural, onde a paisaxe impón a súa beleza, como dun confortable cuarto en pleno centro histórico da vila. Desde 1966 Cambados conta, entre a súa oferta turística, co Parador Nacional do Albariño, que garante unha estancia agradable para o visitante máis esixente. Todos os establecementos hostaleiros da vila coidan con esmero os detalles para que, en calquera estación do ano, o visitante se sinta coma na casa e disposto para gozar da súa oferta cultural.
  • Sede Electrónica
  • Galeria Fotográfica
  • Novas
  • Contacto
logo

ÁREA DA MULLER E IGUALDADE

Está vostede aquí: Inicio / ÁREA DA MULLER E IGUALDADE
Share this page

Concellaría de Muller e Igualdade

A violencia de xénero é a manifestación máis cruel e inhumana da desigualdade existente entre homes e mulleres, e afecta ás mulleres con independencia do nivel social, cultural e económico das persoas que a exercen e que a sofren.

A desigualdade está presente en moitos ámbitos ao longo da nosa vida e a violencia xa non é un problema doméstico ou familiar, xa que na actualidade é un problema que afecta a toda a sociedade, polo que desde as institucións e as administracións temos que poñerlle freo a esta lacra e impulsar os cambios necesarios para que a igualdade sexa real e efectiva.

A concienciación social é esencial para erradicar prácticas e condutas de desigualdade. A eliminación de linguaxes machistas, a non utilización das mulleres como obxectos, o empoderamento feminino e a educación dos nenos e nenas en igualdade son tarefas básicas dunha concellaría de Igualdade.

Desde o ano 2015 o Concello de Cambados conta cunha concellaría propia e independente económicamente para defender o papel da muller, da igualdade e da non violencia de xénero en todo o municipio. Contamos co apoio do Centro de Información á Muller da Mancomunidade do Salnés que dispón dunha axente de igualdade, dunha psicóloga e dunha avogada para servir de apoio ás mulleres que o precisen, e de persoal propio e municipal como as traballadoras sociais e a educadora familiar con atención personalizada a todas aquelas persoas que necesiten dos servizos sociais que podemos ofrecer desde o Concello.

Son moitas as actividades e os logros que se conseguiron neste pequeno periodo de tempo: o I Plan de Igualdade do Concello de Cambados, un protocolo de acoso, a I mesa interinstitucional mancomunada de Galicia contra a violencia de xénero, pictogramas en todas as instalacións municipais e deportivas para favorecer a inclusión social, o I Simposio de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais en Galicia, actividades de empoderamento feminino, simposios de mulleres emprendedoras, talleres de autoestima, clases de defensa persoal para mulleres, actividades de concienciación e de igualdade en colexios e institutos, celebración do día da nena (en recoñecemento a dereitos que as nenas non teñen noutros países do mundo como o dereito a ir á escola, a non ser mutiladas xenitalmente, a non ser casadas durante a súa infancia…), grupos de apoio a mulleres vítimas de violencia de xénero, e un sinfín de actividades máis que se foron realizando nestes dous últimos anos e outras moitas que están en fase de preparación para pór en práctica ao longo dos vindeiros.

O CIM: Centro de Información á Muller

O CIM en Cambados está mancomunado, dispón dun Centro de Información ás Mulleres que persegue a busca da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a erradicación da discriminación por razón de sexo, e a prevención da violencia de xénero.

Dentro do CIM lévanse a cabo entre outras:

  • Terapia psicolóxica e atención específica ás mulleres vítimas de violencia de xénero
  • Información e asesoramento xurídico
  • Actuación como canle de comunicación entre as usuarias e os organismos competentes en materia de muller
  • Coordinación cos servizos policiais, sanitarios, xudiciais, colexiais, administrativos e sociais nas casuísticas concretas
  • Información sobre cursos, estudos, xornadas relacionadas coa igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero
  • Sensibilización cidadá en torno ao principio de igualdade entre homes e mulleres
  • Promoción do asociacionismo e da participación social das mulleres: realización de actos para celebrar o día da muller traballadora (8 de marzo) e conmemoración do día contra a violencia de xénero (25 de novembro)
  • Desenvolvemento de actividades de conciliación da vida familiar e laboral
  • Programas de formación de mulleres e realización de talleres de lecer e tempo libre
  • Elaboración de estatísticas

Persoal do CIM

  • Directora/letrada
  • Psicóloga
  • Axente de igualdade

Horarios:

  • Horario de atención ao público: mércores e xoves de 8:00 a 15:00
  • Horario de atención da asesora xurídica: mércores e xoves de 8:00 a 13:00
  • Horario de atención psicolóxica: luns, martes e venres de 8:00 a 15:00 (sempre con cita previa)

Concello de Cambados

¡Descubre Cambados!
Síguenos nas Redes Sociais
  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube

Noticias (clic aquí para ver todas)

  • Inauguración da exposición “Carlos O. Oubiña. 50 anos de pintura (1968-2018)”
  • “Mariñeiro”: unha curtametraxe documental de Juan Galiñanes
  • Música de cine no Auditorio Municipal
  • Programación de Entroido do Concello de Cambados
  • Memoria 2017 da Fundación Plácido Castro

Categorías

Novembro 2026
M T W T F S S
« Feb    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O Tempo

O tempo

Ligazóns interesantes

  • Ofertas Emprego
  • Orientación Laboral
  • Perfil do Contratante
  • Portal de Transparencia
  • Sede Electrónica
  • Taboleiro de Anuncios

CONTACTO

alcaldia@cambados.es

986 520 902 / 986 520 943

CONCELLO DE CAMBADOS

Nif: P3600600E
Domicilio social: Praza do Concello 1, 36630 – Cambados (Pontevedra)

  • Mapa do sitio web
  • Aviso Legal
  • Aviso de Cookies

© 2018 Concello de Cambados. Todos os dereitos reservados. Deseño web: DYW