• Facebook
  • Twitter
  • YouTube
Galego
  • Español Español
  • English English

[Web Oficial do Concello de Cambados]

logo

Menu

  • Concello
      • Administración
        • iconSaúdo da Alcaldesa
        • iconCorporación Municipal
        • iconPerfil do Contratante
        • iconPortal de Transparencia
        • iconSede Electrónica
        • iconFACe
        • iconTaboleiro de Anuncios
        • iconOfertas Emprego
        • iconPlataforma de Cobros
      • Áreas Municipáis
        • iconEconomía, Facenda, Industria, Comercio e Promoción Económica
        • iconMuller e Igualdade
        • iconServizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade
        • iconTurismo
        • iconXuventude e Novas Tecnoloxías
        • iconEmprego e Orientación Laboral
        • iconCultura, Ensino, Patrimonio, Deporte e Normalización Lingüistica
        • iconParticipación Cidadá
        • iconMedioambiente, Mar e Medio Rural
      • Servizos
        • iconCentros de saúde e Farmacias
        • iconPolicía e Protección Civil
        • iconXulgados
        • iconInstalacións / lecer
        • iconDirectorio
        • iconMuseosEn Cambados podemos atopar varios museos como o Museo Etnográfico e do Viño, a Casa Museo do poeta cambadés Ramón Cabanillas, ou o Muíño de Mareas da Seca.
        • iconCentros Culturais
  • Perfil do Contratante
    • iconObras
    • iconPrestación Servizo
    • iconServizos
    • iconSuministros
    • iconOutros
    • iconVer todos
  • Turismo
        • iconDescubre Cambados
        • iconGastronomia
        • iconFesta do Albariño e AdegasCambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.
        • iconLecerA vila de Cambados é coñecida sobre todo por ser a Capital do Viño Albariño, pola súa excelente gastronomía, polo seu incomparable Conxunto Histórico Artístico, pola amabilidade e familiaridade das súas xentes… pero Cambados é moito máis: é tempo de lecer, de traquilidade, de relaxación e de festa. Aquí podemos ver algunhas das propostas que nos ofrece a fermosa vila:
        • iconRutas de sendeirismoOutro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.
        • iconRueiro
        • iconOnde XantarA señorial vila de Cambados asombra o visitante co seu espléndido conxunto histórico… pero co que realmente o conquista é coa súa incomparable gastronomía. Cambados, conta con tres portos, destacando o porto pesqueiro de Tragove, onde se sitúa a lonxa. Alí, cada día, mariñeiros e mariscadoras traen á poxa a captura da xornada. Os restauradores acoden a ela para poder ofrecer nas súas cartas os peixes e mariscos máis frescos e de mellor calidade. Isto, xunto cos produtos frescos da horta, as conservas…, e todo maridado co mellor albariño, fan que a vila cambadesa conte cunha das mellores ofertas de restauración da comarca. Así, establecementos de cociña tradicional, restaurantes de cociña de deseño e Estrela Michelin, xunto con mesóns, taperías e vinotecas fan que o recordo de Cambados non só quede na nosa memoria senón tamén no noso padal.
        • iconOnde DurmirCambados caracterízase por ser un municipio hospitalario, onde o visitante se sente a gusto polo trato amable e o carácter aberto dos seus habitantes. A oferta hostaleira é ampla e diversa con moi boa relación calidade-prezo, o que permite gozar tanto dunha acolledora casa rural, onde a paisaxe impón a súa beleza, como dun confortable cuarto en pleno centro histórico da vila. Desde 1966 Cambados conta, entre a súa oferta turística, co Parador Nacional do Albariño, que garante unha estancia agradable para o visitante máis esixente. Todos os establecementos hostaleiros da vila coidan con esmero os detalles para que, en calquera estación do ano, o visitante se sinta coma na casa e disposto para gozar da súa oferta cultural.
  • Sede Electrónica
  • Galeria Fotográfica
  • Novas
  • Contacto
logo

Descubre Cambados

Está vostede aquí: Inicio / Descubre Cambados
Share this page
Albariño
Albariño

Albariño

Lecer
Lecer

Lecer

Museos
Museos

Museos

Visitas guiadas
Visitas guiadas

Visitas guiadas

Conxunto histórico
Conxunto histórico

Conxunto histórico

Presentación

Loading…

Situado na ría de Arousa, a máis extensa das rías galegas, e no val do Salnés que enxalzara Valle-Inclán, atópase o municipio de Cambados: un histórico enclave esculpido en granito, considerado un dos destinos turísticos máis belos, admirados e interesantes de Galicia. Merece unha detida visita para contemplar os seus pazos e casas nobres, distribuídas ao longo das tres antigas e señoriais vilas de Fefiñáns, Cambados e San Tomé, as súas belas prazas, as rúas empedradas, a rede de museos…

Un atractivo patrimonio que complementa a súa oferta turística coa ruta do viño Rías Baixas, as rutas de sendeirismo e actividades como o turismo náutico e mariñeiro, as festas populares e as numerosas ofertas gastronómicas e culturais.

Un pouco de historia

No s. IX Cambados sufría os ataques de viquingos e normandos debido á súa situación privilexiada no centro da comarca do Salnés, cunha costa baixa, areosa e con augas tranquilas, que reúnen unhas excelentes calidades para a navegación. Esta loita da poboación valeulle para que no ano 1170 Fernando II, Rei de León, lle concedera o título de “Moi Leal Vila” iniciándose entón un período de esplendor, que queda reflectido na multitude de pazos existentes no municipio pertencentes principalmente ao s. XVII e o s. XVIII.

As dimensións, xunto cos escudos que exhiben, ademais das torres, solainas, capelas e xardíns, fan dos pazos construcións admirables. Como di o refrán, “se ten pombal, capela e ciprés, pazo é“.

Existen diversas hipóteses en relación co nome de Cambados. Algúns historiadores atribúenlle raíces celtas en Cambra-Cune, outros inclínanse pola derivación dos vocábulos Cam (lago) e Bados (casa) ou que probablemente proceda da palabra española “combado”, é dicir, “curvado”, porque a vila atópase en posición curva.

Cambados foi declarado Ben de Interese Cultural en novembro do 2001. A máxima categoría en canto á protección de conxuntos históricos e recoñecemento patrimonial na nosa comunidade autónoma. Durante todo o ano a vila recibe gran cantidade de visitantes, grazas á súa variada oferta turística e cultural, pero é no verán cando ofrece máis posibilidades de lecer coincidindo coa celebración de festexos populares como a romaría de San Bieito, a mariñeira da Virxe do Carme ou as gastronómicas do Albariño e a exaltación da Vieira.

CAMBADESES ILUSTRES

En Cambados naceron galegos ilustres como Ramón Cabanillas, coñecido como o Poeta da Raza, pola súa poesía contra as inxustizas sociais dedicando tamén versos á pesca e a vendima; así como os grandes escultores Francisco Asorey, Narciso Pérez, Francisco Leiro e Manolo Paz.

Tamén residiron na vila outros personaxes importantes como os escritores Emilia Pardo Bazán, Ramón María del Valle-Inclán ou o rexionalista Alfredo Brañas, quen escribiron algunhas das súas obras durante as súas estadías en Cambados.

CAMBADOS E O CAMIÑO DE SANTIAGO

Pola vila de Cambados discorre ademais un dos oito camiños de Santiago, “A Ruta marítimo-fluvial pola ría de Arousa e o río Ulla”. Esta conmemora a chegada, por mar, do corpo do apóstolo Santiago tras o seu martirio en Xerusalén, no ano 44.

O itinerario marítimo comeza na entrada da ría de Arousa e finaliza en Pontecesures e Padrón enlazando aquí co Camiño Portugués ata Santiago de Compostela.

CAMBADOS E O VIÑO

O sector vitivinícola é un dos principais dinamizadores da economía do Salnés, onde case cinco mil familias viven do cultivo de albariño, un dos produtos agrícolas máis exportados da nosa terra.

Cambados é coñecido como a “Capital do Viño Albariño” e é que todo nesta vila nos lembra o “principe dourado dos viños” como o denominou Álvaro Cunqueiro, sendo punto de partida da Ruta do Viño que acolle vintedúas adegas pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas. Conta ademais co primeiro museo Etnográfico e do Viño en Galicia e un dos primeiros de España, e ca estatua en bronce do deus do viño na mitoloxía romana Baco, do escultor Francisco Leiro.

Aquí celébrase un dos festexos enogastronómicos máis antigos de España pois cada primeira fin de semana de agosto ten lugar a Festa do Viño Albariño, fundada en 1953 e declarada de Interese Turístico Nacional. Ao longo dunha semana de festexos danse cita concertos de grupos nacionais e internacionais, diferentes eventos lúdicos, deportivos e culturais.

VER ADEGAS E FESTAS

CAMBADOS E A GASTRONOMÍA

A gastronomía cambadesa está recoñecida como unha das mellores de Galicia, pois é un lugar ideal para comer, cear, tapear… Combinar o afamado viño albariño coa calidade dos mariscos e peixes frescos, xunto cos produtos da horta, fan da súa hostalería  unha aposta segura pola exquisitez.

A esta oferta gastronómica, lúdica, deportiva e cultural que ofrece o municipio súmaselle a hospitalidade dos cambadeses, que fan da vila un lugar ideal para gozar das súas vacacións en calquera época do ano.

Concello de Cambados

¡Descubre Cambados!
Síguenos nas Redes Sociais
  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube

Noticias (clic aquí para ver todas)

  • Inauguración da exposición “Carlos O. Oubiña. 50 anos de pintura (1968-2018)”
  • “Mariñeiro”: unha curtametraxe documental de Juan Galiñanes
  • Música de cine no Auditorio Municipal
  • Programación de Entroido do Concello de Cambados
  • Memoria 2017 da Fundación Plácido Castro

Categorías

Novembro 2026
M T W T F S S
« Feb    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O Tempo

O tempo

Ligazóns interesantes

  • Ofertas Emprego
  • Orientación Laboral
  • Perfil do Contratante
  • Portal de Transparencia
  • Sede Electrónica
  • Taboleiro de Anuncios

CONTACTO

alcaldia@cambados.es

986 520 902 / 986 520 943

CONCELLO DE CAMBADOS

Nif: P3600600E
Domicilio social: Praza do Concello 1, 36630 – Cambados (Pontevedra)

  • Mapa do sitio web
  • Aviso Legal
  • Aviso de Cookies

© 2018 Concello de Cambados. Todos os dereitos reservados. Deseño web: DYW