CAMBADOS, MEAÑO E O GROVE ACOLLEN O IV TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Os concellos de Cambados, Meaño e O Grove acollerán, entre o 5 e o 7 de decembro, o IV Torneo Internacional de Balonmán Deputación de Pontevedra, no que participarán equipos de España así como representantes dos Países Baixos, Italia e Dinamarca. O torneo reunirá xogadores das categorías infantil, cadete e xuvenil feminina e masculina. En […]

PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

O Concello de Cambados presentou hoxe o programa de compostaxe doméstica apostando así por un modelo alternativo á incineración e facendo á cidadanía partícipe directa da experiencia. As persoas interesadas en recibir un composteiro teñen que anotarse no Rexistro do Concello. O prazo de inscripción comeza o próximo mércores día 9 e remata o día […]

O PAZO DE TORRADO ACOLLE A EXPOSICIÓN “LUZ E SILENCIO” DE NIEVES SEARA

O Pazo de Torrado acolle a partir de este venres, e ata o vindeiro 10 de xaneiro, a exposición “Luz  e Silencio”, unha mostra que ten como obxectivo intervir cada sala con obras da artista Nieves Seara adaptadas especificamente para os distintos espazos, creando atmosferas  grazas á iluminación e á disposición de instalacións e cadros, […]

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

Por parte de D. A******** F********* R*********, en representación dos Hosteleiros da Praza das Rodas, vense de interesar desta Alcaldía a posibilidade de pechar ó tráfico dita zona, durante a ponte da Constitución, ó igual que xa se ten efectuado noutras ocasións, co fin de garantizar a seguridade vial e o acceso a residentes e […]

INFORMACIÓN SOBRE A EMISIÓN DO PLENO DO 26 DE NOVEMBRO

A seguinte modificación do Artigo 35 do Regulamento Orgánico  Municipal, aprobada provisionalmente no pleno do 24 de setembro de 2015, di textualmente: “As sesións do Pleno do Concello de Cambados serán públicas e garantirán a máxima proximidade da xestión municipal ós intereses dos veciños e veciñas de Cambados. As sesións do Pleno do Concello de […]