O pasado sábado 2 de abril tivo lugar en Cambados o evento de xadrez organizado polo Concello de Cambados e Xadrez Galego co obxectivo de promover o xogo ciencia. A actividade, desenvolveuse de 11:00 a 13:30h, consistiu nunha sesión de simultáneas impartidas polo mestre internacional Roberto Páramos e polo subcambión de España e bicampeón de […]
Cando trascorreron 80 anos dos feitos acontecidos en 1936, son aínda moitas as lagoas, os decoñecementos, os tópicos e as manipulacións pendentes de revisión. O período republicano e as súas relacións co galeguismo organizado, as causas e consecuencias daquel período histórico, as diferenzas entre o que pasou en Cambados e no Grove, dúas vilas veciñas […]
O venres día 8 de abril comeza en Exposalnés a exposición SAUDARTE, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico e na que colaboran o IES Ramón Cabanillas, o IES Francisco Asorey e a Academia de Pintura Mon. A mostra poderá ser visitada ata o 8 de maio, nos seguintes horarios: -de martes a venres de […]
Dado o éxito de participación do curso na súa primeira convocatoria xeral, para maiores de 16 anos, parécenos conveniente dar a coñecer que o vindeiro luns, día 11 de abril (e non o 4 do mesmo, como estaba previsto), comezará a segunda convocatoria do curso, esta vez dirixida a menores de idade a partir de […]
Para conmemorar o día 2 de abril, día da concienciación do autismo, convidámosvos a poñer globos azuis nas portas, ventanas ou balcóns das vosas casas, colexios, negocios ou lugares de traballo. Con isto dirédeslle a todo o mundo que apreciadesás persoas con autismo e que apoiades a súa inclusión na sociedade.
Emisión en directo do Pleno do 31 de marzo de 2016.
A vindeira fin de semana preséntase cargada de actividades culturais en Cambados. O venres, o pazo de Torrado acolle a inauguración, ás 8 da tarde, da exposición “la luz que nunca se apaga”, de Juan Rivas. A exposición poderá visitarse ata o 1 de maio, en horario de 17 a 20 horas. Ese mesmo día, […]
A Biblioteca Municipal Luís Rei está a preparar unha ampla programación para celebrar de maneira conxunta o Día do Libro Infantil e o Día do Autismo. Como vén sendo habitual nos últimos anos, na organización destas actividades colabórase con asociacións como Por Dereito e Bata, ás que se lles remitiu convite xunto coa Anpa Os Mecos, […]
Mañá mércores, ás 8 e media da tarde na Casa da Cultura de Vilariño realizarase unha reunión para a formación do Consello Parroquial, un novo sistema de participación cidadá nos asuntos veciñais.
O Concello de Cambados, en colaboración coa Asociación de Apoio ao Pobo Sirio, instalarán a partir de mañá mércores na casa mariñeira de San Tomé un punto de recollida de materiais para axudar aos refuxiados sirios. Precísanse voluntarios para axudar na recollida. Máis información no teléfono 659 645 064


