¿Teñen consecuencias os nosos estados de ánimo, os nosos pensamentos e sentimentos na nosa saúde? ¿Cal é a nosa visión sobre as incidencias da vida? Vémo-las crisis como problemas, ou como posibilidades de crecemento? Este venres 18 (ás 20 horas, en ExpoSalnés) e sábado 19 (16:30 a 20 horas, no Salón Peña) a Concellaría de […]
Durante os días 10 e 11 de novembro, celébranse no salón de actos de Exposalnés e no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Cambados (Viveiro de Empresas) as II Xornadas para Emprendedores financiadas pola Dirección Xeral de Comercio, Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario e terán o seguinte programa: XOVES 10 novembro (10:00 […]
Mañá mércores 9 de novembro celébrase o 57 cabodano de Ramón Cabanillas, coincidindo co Centenario das Irmandades da Fala. Para conmemoralo, levarase a cabo ás 19:30 unha ofrenda floral no Monumento a Cabanillas do Paseo da Calzada, e ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Francisco Fernández Rei presentará “O legado Cabanillas, un tesouro para poñer en […]
“Cantos de preto e de lonxe” de Emilio Rua en concerto. Este sábado ás 20:30h. no auditorio de Cambados.
O Plan de Axuste Económico Financeiro do Concello establece unha redución do 40% do saldo, que a 31/12/2015 que ascendía a 373.481,92€, das facturas pendentes de aplicar ao orzamento por falta de crédito. O actual goberno de Cambados reduciu o importe a peche deste trimestre segundo os datos do informe trimestral de intervención remitido o […]
Cambados baixará o IBI ao 0,55%, conxelará unha gran parte das taxas e propón numerosas bonificacións fiscais para 2017. O obxectivo do goberno local para o vindeiro ano é investir para a creación dun concello máis xusto socialmente, de maior emprego e con máis oportunidade de negocio, e máis sensible co medio ambiente e coa […]
O venres 4 de Novembro inaugurase da exposición da obra de Miguel Ángel Vigo “EXTRAMUNDI” ás 20:00 en Pazo Torrado.
Ledicia en Cambados tras conseguir que a vila do Albariño sexa a Cidade Europea do Viño 2017. O xurado de Recevín foi unánime ao decantarse pola candidatura cambadesa, que deixou atrás as súas tres grandes competidoras: Vilafranca do Penedés, Aranda de Duero e A Palma do Condado. Segundo as explicacións da corporación municipal, foron as […]
Presentación do libro “Verbas Atlánticas”, Poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro, o Xoves 3 de Novembro ás 20:00h no salón de actos de ExpoSalnés.
O Concello de Cambados acollerá numerosas actividades con motivo do Día europeo do enoturismo que se celebra o 13 de Novembro. O venres 4 de Novembro inaugurase da exposición da obra de Abel Barandela Luces “Costumes e Viño Tinto” as 20:00 en ExpoSalnés. Do sábado 5 de novembro o 11 de Decembro o salón de […]


