O Concello de Cambados establece as normas de seguridade para solicitar e celebrar as “Cacharelas/Sardiñadas da Noite de San Xoan e San Pedro 2017”. Estas mesmas normas fanse extensivas á celebración de Cacharelas/Sardiñadas durante o mes de xuño, sexa a noite do 23 ao 24 San Xoan e do 28 ao 29 de xuño San […]
Xa está aberto o prazo de inscricións para o XV Campamento Urbano “A Pastora”, que este ano ten por lema “co galego, encontro c@s amig@s” O prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 22 de xuño, ou ata esgotar as prazas (serán cubertas por orde de inscrición) e poderán participar nenos e nenas de […]
Dende o IES Francisco Asorey de Cambados, queren contribuir a facer do evento de Cambados CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017, un lugar de encontro de posicionamentos artísticos e de creatividade. Unha oportunidade que non podemos deixar que pase desapercibida, e que deberá quedar na memoria de tod@s os cambades@s como algo singular e especial. E […]
Exposalnés acollerá do 8 ao 10 de xuño este seminario sobre “Europa, a Cooperación Transfronteiriza e os Concellos. O caso de Cambados como Cidade Europea do Viño 2017” co seguinte programa: Xoves 8: 21:30 horas. Recepción dos profesores participantes e cea de benvida. Venres 9: 10:00 a 11:30 horas. Inicio da presentación de relatorios (Proxecto “Cooperación […]
O vindeiro sábado, 10 de xuño, a partir das 17:00 o pavillón do colexio de San Tomé acollerá unha cita co multideporte, que contará con ximnasia rítmica, Capoeira, Baile de Salóne unha Master Class de Zumba para todos os asistentes a cargo de Jordi e Rita. Organiza: Rítmica Grand Jeté. Dojo Berserkers. Colabora: Concello de […]
Este venres a adega Lagar de Costa acolle a proxección, dentro do ciclo Videa Cambados, da película “un bo ano”, de Ridley Scott. A apertura de portas será ás 21:30 e o evento contará coa actuación musical de Flip Corale. Máis información no seguinte enlace: http://mrmisto.es/videafest/lagardecosta/ O filme trata sobre un experto en inversións que viaxa […]
O domingo 11 de xuño terá lugar esta actividade destinada a recadar fondos para axudar na loita contra a AME, co seguinte programa: – Punto de saída: Ruta da Pedra e da Auga – 11:30 Saída dende a rotonda dos Castaños ata a Aldea da Pedra -13:30 Xantar na Aldea da Pedra (cada un levará […]
O sábado 17 de xuño dispútase en Cambados o I Trofeo de Fútbol Gaélico, co seguinte programa: 9:00 Saída da navegación 12:30 Chegada dos equipos en barcos ao porto de Tragove 13:00 Comezo dos partidos no Pombal 16:30 Entrega de premios 18:30 Despedida dos equipos no porto de Tragove 22:00 Cea e concertos na Praza […]
A Deputación de Pontevedra, dentro das accións formativas da Escola de Igualdade María Vinyals, organiza unha xornada para visibilizar o traballo das mulleres na viticultura, creando un espazo de encontro no que compartir experiencias e testemuños de mulleres que participan no proceso de investigación, elaboración e comercialización do viño en Galicia. Con motivo de que […]
Este venres (17:00-19:00hrs)e sábado (10:30-13-00:hrs) na Biblioteca Luís Rei de Cambados estarán expostos os traballos pictóricos dos alumnos de infantil do CEIP Enrique Barreiro e da EEI A Modia. Unha exposición sobre como ven os máis pequenos o seu propio rostro e como o plasman nun retrato. Coa colaboración da artista viguesa Abi Castilloe o […]


