Descargar: Boletín de Ofertas de Emprego 17.03.2017_Cambados.pdf Descargar: Ofertas Emprego.pdf Adxuntos Boletín de Ofertas de Emprego 17.03.2017_Cambados (290 kB)Ofertas Emprego (209 kB)
Xornada de presentación do programa de asesoramento gratuíto entre as empresas turísticas de Cambados para implantar o certificado de calidade SICTED, martes 21 de marzo, ás 10 horas en Exposalnés, a Deputación de Pontevedra aspira a aumentar nun 25 por cento as empresas certificadas este ano dentro do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino […]
A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Cambados, dirixida por Tino Cordal, organiza en colaboración coa Asociación Achega, un curso gratuíto para aprender a comunicarse coas persoas con discapacidade. O mesmo terá lugar no salón de actos de ExpoSalnés entre os días 29 de marzo e 6 de abril. Serán un total de 16 […]
Dende a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia convócanse unha serie de axudas destinadas ás persoas galegas retornadas, tanto para axudar a paliar situacións de carencia nas que se poidan encontrar na súa chegada a Galicia como para aquelas persoas que deciden emprender un negocio. As liñas de axuda da Secretaría Xeral […]
O vindeiro xoves 23, ás 19:30, exposalnés acollerá unha xornada sobre o emprendemento low cost, co seguinte programa de intervencións: – Viveiro de empresas ( Cambados) – Dalle q Dalle coworking ( Vilagarcia de Arousa) – Viveiro de empresas Barro-Meis ( Meis) – Coworking Telecrea (Sanxenxo) – Coworking academos ( Meis)
A OMIX do Concello de Cambados informa dos cursos que se levarán a cabo durante os meses de abril e maio no centro sociocultural da Merced: -Talleres monográficos de tempo libre (gratuítos): Globoflexia (6 de abril, de 10 a 13h) Reciclaxe (20 de abril, de 10 a 13h) Reciclaxe (27 de abril, de 10 a […]
Un ano máis, a biblioteca Municipal Luís Rei, grazas ao programa Ler conta moito realizará unha serie de actividades a prol da animación á lectura e á proxección das bibliotecas e axencias de lectura como espazos culturais lúdicos. Este ano como novidade, no mes de marzo, abril e maio preténdese por en marcha o proxecto “A Biblioteca Viaxeira”, que xa se […]
Por segundo ano, no Concello de Cambados celebramos a Mostra da Camelia e, nesta edición, como un evento internacional. Nesta ocasión, entregarase a distinción de “Cambados Cidade Camelia de Ouro”. O Concello de Cambados e a Asociación Ibérica da Camelia, como organizadores, temos o desexo de divulgar e promocionar esta flor pola súa beleza, pero […]
Un ano máis, a biblioteca Municipal Luís Rei, tras presentar un ambicioso proxecto de dinamización da lectura de cara aos vindeiros meses, vén de recibir a través da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 4.250€ grazas ao programa Ler conta moito. A contía destinarase á posta en marcha de marzo […]
Este xoves, 9 de marzo ás 18:00h no Auditorio da Xuventude proxéctase a película “Visións”, dentro do ciclo Cinema e Muller que organiza a Deputación de Pontevedra. Visións é unha obra colaborativa feita por mulleres, un filme íntimo e poliédrico onde cinema e arte se funden ofrecendo dez olladas poéticas e xenuinas. Participaron no proxecto […]


