O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: Grupo Norte busca para un dos seus clientes con instalación no Grove, operarios/as con experiencia en limpeza e desmigalle de atún ou bonito. Localización do posto de traballo: O Grove Requisitos: Experiencia en limpeza e […]
A Confraría de Pescadores San Antonio, dentro das actividades que está a levar a cabo polo seu centenario, acollerá entre o 4 e o 23 de xullo a exposición Fasquías, de embarcacións tradicionais a escala, que será inaugurada o martes 4 de xullo ás 20:00h.
Emisión en directo do Pleno Municipal do concello de Cambados do 29 de Xuño de 2017
Para todos aqueles/as que non puideron presenciar o pasado domingo o partido de fútbol feminino entre as seleccións do norte e sur de Galicia, ou para quen desexe voltar a velo, poden velo seguindo este enlace.
O vindeiro martes 4 de xullo ás 18:30 no recinto feiral Fexdega (Vilagarcía) terá lugar o encontro institucional do proxecto Candieira. Candieira é un proxecto de cooperación e traballo en rede de Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP).
O venres 30 de xuño, ás 20:00 no Salón de Actos de Exposalnés, terá lugar a charla “Francisco Asorey, escultor galego”, a cargo de Maribel Iglesias, conmemorando o 56 aniversario da morte do escultor, finado o 2 de xullo de 1961.
Dende que en 1969 se produciran os disturbios de Stonewall en Nova York (Estados Unidos) a comunidade mundial celebra, cada 28 de xuño, unha xornada de reflexión co obxectivo de visibilizar valores universais tales como a igualdade, o respecto, a diversidade, a liberdade e a non discriminación. A pesar do progresivo recoñecemento dos dereitos das […]
Este sábado 1 de xullo, ás 12h, a artista Yolanda Dorda explicaranos a súa exposición “Segredos” nunha visita guiada pola sala de exposicións do Pazo de Torrado en Cambados. Estades dodos/as convidados/as! A exposición poderá ser visitada ata o 16 de xullo, de martes a domingo entre as 18 e as 21 horas.
O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: – Limpadores de peixe en liña no Grove: Dende www.grupo-norte.es, buscan seleccionar para importante empresa do sector conserveiro e de conxelados, operarios/as para a limpeza de peixe en liña de producción para a zona de O Grove/Sanxenxo. […]
Con motivo da celebración mañá mércores do día do orgullo LGTBI, o Concello de Cambados realizará un acto conmemorativo no cal se dará lectura a un manifesto. Por terceiro ano consecutivo, a bandeira do arco da vella estará presente no balcón da casa consistorial durante toda a semana. O evento realizarase ás 11:30 na praza […]


