Todos os mércores de xullo, ás 22:00 o parque do Pazo de Torrado será o escenario no que se proxectarán unha serie de películas de animación para todos os públicos. As películas que se proxectarán serán as seguintes: -Mércores 6 de xullo: Hotel Transilvania 2 -Mércores 13 de xullo: Pixels -Mércores 20 de xullo: Belle […]
Dende o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa, dado a demanda detectada no territorio, quéreseimpulsar un proceso de constitución dunha asociación de mulleres do mar que reúna ás iniciativas lideradas por mulleres ou con presenza delas vinculadas ao sector (mariscadoras, redeiras, armadoras, mariñeiras…).Trátase de activar un lugar de encontro que englobe […]
Emisión en directo do Pleno do 30 de XUÑO de 2016.
Esta mañá deu comezo na OMIX de Cambados o programa “deseña o teu futuro”. As e os xóvenes que participan no programa tiveron un primeiro encontro no centro sociocultural “A Merced”. A partir de agora e durante as vindeiras semanas, os inscritos percorrerán varias empresas da localidade, nas que coñecerán de primeira man o desenvolvemento […]
BATUKO TABANKA ACTÚA O SÁBADO 2 DE XULLO ÁS 19:30 HORAS NA PRAZA DE ALFREDO BRAÑAS DE CAMBADOS – O concerto ofrécese dentro da programación de actos culturais do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. – A exposición “Galicia-Cabo Verde. Unha irmandade” estará exposta no Salón J. Peña do martes 5 ao venres 15 de […]
O vindeiro luns 4 de xullo a Biblioteca Municipal Luís Rei da a benvida ás actividades de verán cunha sesión gratuíta de achegamento á ciencia para os máis pequenos da casa. Trátase dun obradoiro que leva por nome A ciencia é divertida!, impartido por por Ana Romero e enmarcado dentro do programa Ler conta Moito. Realizarase […]
O sábado 2 de xullo, entre as 20:30 e as 22:30, celebrarase un torneo de xadrez na praza do Concello. Para inscribirse e obter información, poden facelo a través dos números de teléfono 986 260 259 / 652 544 207 ou do email: xg@xadrezgalego.net
Na xornada de onte celebrouse no castelo de Soutomaior a xornada inaugural da escola pública de igualdade María Vinyals, organizada pola Deputación de Pontevedra, e na que o Concello de Cambados estivo representado pola alcaldesa Fátima Abal e o concelleiro de xuventude. Trátase do primeiro centro destas características en Galicia e un dos poucos en […]
No seguinte enlace pódese consultar a orde do 14 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico extraordinario de investimentos destinado a asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de […]
O xoves 30 de xuño, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Agradecemento do Concello de Cambados ás institucións do Estado doadoras de libros para a Biblioteca Municipal “Luís Rei” e ás axencias de lectura das […]


