A Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados informa que os videiros días 26 e 27 de agosto desenvolveranse, no Campo de Golf “Chan do Fento” de A Armenteira, as XVI XORNADAS DE INTRODUCCIÓN Ó GOLF. A actividade, totalmente gratuita, está dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 16 anos. As insripcións […]
Cambados acolle, o vindeiro venres 21 de agosto, a partir das 13.00 horas, a VIII Feira de Artesanía e Comercio, na que estarán presentes un total de 42 profesionais, dos cales 22 pertencen á Artesanía de Galicia, xunto cunha representación de artesáns e artesás de Cambados e a Comarca do Salnés. O número de expositores […]
O Concello de Cambados recibiu hoxe a visita dos representantes da directiva da Federación Comarcal de Empresarios de Arousa (FECA), José Luís Vilanova Peña (presidente) e Manuel Míguez, no que amosaron o seu apoio á reivindicación do traslado da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas de Pontevedra a Cambados. A […]
O Salón J. Peñaacolle a clausurada terceira edición do taller de cociña que fomenta a animación á lectura, Pequechefs de conto!.Dito curso, que se organiza durante os meses de xullo e agosto dende a Biblioteca Municipal Casa dos Fraga, e que imparte Rocio Garrido, editora de “La cocina de mi abuelo”, mestura divertidas historias da […]
Dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Cambados comunicamos a existencia dunha nova axuda económica para o pago da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, consistente nunha cantidade fixa semestral de 90€ para unidades de convivencia que cumpran os requisitos e de 150€ para as que acrediten ser ademais familia […]
Esta mañá a Deputación de Pontevedra efectuou a entrega das chaves do pavillón do IES Ramón Cabanillas e das instalacións do Pombal, despois da súa remodelación. O acto de entrega realizouse no Pavillón do Cabanillas, ao cal asistiu unha delegación da Deputación encabezada pola súa presidenta, Carmela Silva, acompañada de varios deputados provinciais. Carmela Silva […]
A feira de Oportunidades que durante esta fin de semana organiza a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro arrancou hoxe cun notable éxito de asistencia. Os stands do paseo da Calzada ateigáronse de xente que veu visitar e mercar en ditos establecementos. Esta Feira é unha das actividades que durante esta fin de semana haberá […]
Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para conceder estas subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que, en xeral contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do […]
A Alcaldesa, Fátima Abal, e o Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, recibiron na mañá deste venres 14 de agosto na Casa do Concello ás familias cambadesas afectadas polo copago que a Xunta de Galicia quere impoñer aos usuarios do Centro Ocupacional de O Saiar. Onte xa visitaran o Concello de Cambados representantes da ANPA […]
Hoxe na praza de Alfredo Brañas: Cine na rúa, coa proxección do filme “A Esmorga” de Ignacio Vilar (Baseado na novela de Eduardo Blanco Amor) A partires da 22:00 horas. A esmorga é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar, adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor. Está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán “Morris” como Milhomes. A […]


