“SABOREA O VERÁN!” ACTIVIDADES INFANTÍS DURANTE O VERÁN NA BIBLIOTECA LUÍS REI

Baixo o nome “Saborea o verán!” a Biblioteca Municipal Luís Rei ten preparada unha completa programación de actividades infantís que terán lugar entre os meses de xullo e agosto. O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para os rapaces […]

V RUTA CICLISTA DO ALBARIÑO

Esta fin de semana disputarase a 5ª edición da ruta ciclista do Albariño (memorial Modesto Sánchez Alba “Teto”) na scategorías junior, sub-20 e feminina. Máis de 100 ciclistas participarán nesta proba que transcorrerá entre os municipios de Cambados e Meaño, os días 17 e18 de xuño. A cita organizada polo Club Ciclista Cambados e a […]

PRESENTACIÓN DO LIBRO “FLOREANO”, DE GOGUE

O mércores, 14 de xuño, ás 20:30 horas en Exposalnés terá lugar a presentación de “Floreano” de Gogue. Participarán Manuel Bragado, director de Xerais, Víctor Caamaño, concelleiro de Cultura, e Gogue. Colaboran as librarías Ramón Cabanillas e Contos. Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en “Faro de Vigo” na súa sección “Floreano” […]

BLOGGERS DE REINO UNIDO VISITAN A COMARCA DO SALNÉS

A pasada fin de semana a nosa comarca recibíu a visita dos bloggers británicos Luiz Hara (thelondonfoodie.co.uk), Sarah Lee (ivesharetravel.com), Laura Lynch (savoredjourneys.com) e Michael Turtle (timetravelturtle.com). Durante a visita, que ten por obxectivo a promoción internacional dos viños da denominación de orixe Rías Baixas, os bloggers visitaron varias adegas, así como enclaves de especial […]