Mañá mércores, 8 de novembro, está convocada unha concentración contra a instalación dunha antena de telefonía móbil na rúa Os Caeiros. Esta concentración será ás 19:00 horas diante da praza do Concello.
Este xoves, 9 de novembro, entre as 17:00 e as 20:00 horas terá lugar na sede do GALP Ría de Arousa (Recinto Feiral FEXDEGA, Vilagarcía de Arousa) a reunión do programa ALIADAS, que tenta impulsar o asociacionismo entre as mulleres do mar. Inscricións en candieira.net ou chamando ao 986 510 953. Aliadas é un programa […]
Mañá sábado 4 de novembro, o complexo deportivo do Pombal acolle, entre as 9:00 e as 15:00, a copa deputación de Taekwondo (entrada de balde). A proba está organizada polo Vital Sport e será clasificatoria para a competición autonómica.
O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: MAQUINISTA ENVASADORA MULTICABEZAL DEPURADORA MARISCO EMPRESA: DEPURADORA MARISCO ZONA XEOGRÁFICA: O Salnés DESCRICIÓN: Maquinista para máquina envasadora e pesadora multicabezal en depuradora de marisco. REQUISITO IMPRESCINDIBLE: Experiencia como maquinista de envasadora multicabezal. HORARIO: Turno tarde-noite. CONTACTO: depuradora.rrhh@gmail.com Descargar: Boletín de Ofertas […]
O xoves 9 de novembro conmemórase o LVIII cabodano de Ramón Cabanillas, o poeta da raza. Por este motivo, ás 19:30 realizarase unha ofrenda floral no monumento a Cabanillas situado no Paseo da Calzada, e ás 20:00 será a presentación do especial AFONDO RAMÓN CABANILLAS, do xornal SERMOS GALIZA.
Emisión en directo do Pleno Ordinario Municipal do concello de Cambados do mes de Outubro de 2017
A Asociación Esperanza Salnés que atende na súa sede de Cambados a nenas e nenos con diversidade funcional de toda a comarca do Salnés será a destinataria de 14 dos 40 mil euros en axudas benéfico-asistenciais que reparte este ano o Concello de Cambados. A Concellería de Servizos Sociais, dirixida por Tino Cordal, levou á […]
A Biblioteca Municipal Luís Rei ten preparado un gran abano de actividades para celebrar o Samaín e Magosto. Ás 17:30 horas, nos Xardíns da Biblioteca, contaremos cunha procesión funesta acompañados de Batukada. Haberá doces típicos feitos pola Asociación de Amas de Casa Albariño, castañas asadas, música e moitas sorpresas. Ademais, celebrarase un concurso de cabazas. Haberá […]
As vindeiras semanas a gastronomía terá un papel protagonista en Cambados. – Os días 27, 28 e 29 de outubro terá lugar a feira de tapas “pinchos de outono”, na que participan un total de 10 locais da hostalería cambadesa. – O sábado 28 ás 19:00, no Parador de Turismo de Cambados terá lugar a […]
O luns 30 de outubro, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte ORDE DO DÍA I PARTE RESOLUTIVA 1º.- Aprobación das actas das sesión ordinarias celebradas os días 25 de maio, 29 de xuño e 27 de xullo de 2017. 2º.- […]


