CHEGA A CAMBADOS A EXPOSICIÓN “CAMIÑOS: O CAMIÑO, A ARTE E O VIÑO NO CAMIÑO PORTUGUÉS”

A partir desta tarde poderá ser visitada no salón de Exposicións José Peña (rúa O Borrón, 14) a exposición internacional “Camiños: o camiño, a arte e o viño no Camiño Portugués”. Nesta exposición, que pon de relevo o estreito vínculo entre a propia ruta xacobea e a cultura do viño, colaboran oito adegas galegas e […]

VII XORNADA DE CETRERÍA NO PARQUE DE TORRADO

Mañá sábado, no parque de Torrado, terá lugar a VII xornada de cetreería, co seguinte programa: 10.30 Recepción de cetreiros 11.00 Mostra de material cetreiro/Identificación de aves rapaces/Iniciación á cetrería/ Uso da telemetría na cetrería. 13.00 Nomeamento como Socia Honorífica á Sra. Alcaldesa do Ilmo. Concello de Cambados 17.00 Paseo de placeo de aves de […]

ACTIVIDADES E OBRADOIROS NA BIBLIOTECA LUÍS REI

A Biblioteca Municipal Luís Rei, incluindo as axencias de lectura das parroquias, ten preparada unha completa programación de actividades infantís que terá lugar durante o curso escolar 2017/2018 . O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para os rapaces. […]

“SMARTPEME” VOLVE A CAMBADOS CON CINCO NOVOS OBRADOIROS DURANTE O MES DE SETEMBRO

“SmartPeme” é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia   Os obradoiros de “SmartPeme” volven en setembro despois da pausa do mes de agosto. Así, o Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes de setembro, cinco obradoiros ao abeiro da […]