A Casa dos Fraga é unha fermosa edificación de finais do s. XIX, que ocupa os terreos onde probablemente se situaba a parte do claustro do antigo convento de San Francisco.

Foi adquirida polo Concello de Cambados no ano 2005 e completamente rehabilitada para así, no 2010, abrir as súas portas como a nova Biblioteca Municipal.

Nos seus xardíns atopamos ademais varias esculturas, como un busto de Cervantes ou un libro de grandes dimensións con versos de Cabanillas.

Na actualidade, a biblioteca municipal conta con máis de 3000 socios, pois é un lugar ideal para ler, estudar, navegar pola rede ou participar nas variadas actividades que aquí se realizan: contacontos, obradoiros creativos, presentacións literarias…

Address

Our Address:

Rúa San Francisco, 25

GPS:

42.51410827316923, -8.813242614269257

Telephone:

-

Email:

-

Web:

-