• Facebook
  • Twitter
  • YouTube
Galego
  • Español Español
  • English English

[Web Oficial do Concello de Cambados]

logo

Menu

  • Concello
      • Administración
        • iconSaúdo da Alcaldesa
        • iconCorporación Municipal
        • iconPerfil do Contratante
        • iconPortal de Transparencia
        • iconSede Electrónica
        • iconFACe
        • iconTaboleiro de Anuncios
        • iconOfertas Emprego
        • iconPlataforma de Cobros
      • Áreas Municipáis
        • iconEconomía, Facenda, Industria, Comercio e Promoción Económica
        • iconMuller e Igualdade
        • iconServizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade
        • iconTurismo
        • iconXuventude e Novas Tecnoloxías
        • iconEmprego e Orientación Laboral
        • iconCultura, Ensino, Patrimonio, Deporte e Normalización Lingüistica
        • iconParticipación Cidadá
        • iconMedioambiente, Mar e Medio Rural
      • Servizos
        • iconCentros de saúde e Farmacias
        • iconPolicía e Protección Civil
        • iconXulgados
        • iconInstalacións / lecer
        • iconDirectorio
        • iconMuseosEn Cambados podemos atopar varios museos como o Museo Etnográfico e do Viño, a Casa Museo do poeta cambadés Ramón Cabanillas, ou o Muíño de Mareas da Seca.
        • iconCentros Culturais
  • Perfil do Contratante
    • iconObras
    • iconPrestación Servizo
    • iconServizos
    • iconSuministros
    • iconOutros
    • iconVer todos
  • Turismo
        • iconDescubre Cambados
        • iconGastronomia
        • iconFesta do Albariño e AdegasCambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.
        • iconLecerA vila de Cambados é coñecida sobre todo por ser a Capital do Viño Albariño, pola súa excelente gastronomía, polo seu incomparable Conxunto Histórico Artístico, pola amabilidade e familiaridade das súas xentes… pero Cambados é moito máis: é tempo de lecer, de traquilidade, de relaxación e de festa. Aquí podemos ver algunhas das propostas que nos ofrece a fermosa vila:
        • iconRutas de sendeirismoOutro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.
        • iconRueiro
        • iconOnde XantarA señorial vila de Cambados asombra o visitante co seu espléndido conxunto histórico… pero co que realmente o conquista é coa súa incomparable gastronomía. Cambados, conta con tres portos, destacando o porto pesqueiro de Tragove, onde se sitúa a lonxa. Alí, cada día, mariñeiros e mariscadoras traen á poxa a captura da xornada. Os restauradores acoden a ela para poder ofrecer nas súas cartas os peixes e mariscos máis frescos e de mellor calidade. Isto, xunto cos produtos frescos da horta, as conservas…, e todo maridado co mellor albariño, fan que a vila cambadesa conte cunha das mellores ofertas de restauración da comarca. Así, establecementos de cociña tradicional, restaurantes de cociña de deseño e Estrela Michelin, xunto con mesóns, taperías e vinotecas fan que o recordo de Cambados non só quede na nosa memoria senón tamén no noso padal.
        • iconOnde DurmirCambados caracterízase por ser un municipio hospitalario, onde o visitante se sente a gusto polo trato amable e o carácter aberto dos seus habitantes. A oferta hostaleira é ampla e diversa con moi boa relación calidade-prezo, o que permite gozar tanto dunha acolledora casa rural, onde a paisaxe impón a súa beleza, como dun confortable cuarto en pleno centro histórico da vila. Desde 1966 Cambados conta, entre a súa oferta turística, co Parador Nacional do Albariño, que garante unha estancia agradable para o visitante máis esixente. Todos os establecementos hostaleiros da vila coidan con esmero os detalles para que, en calquera estación do ano, o visitante se sinta coma na casa e disposto para gozar da súa oferta cultural.
  • Sede Electrónica
  • Galeria Fotográfica
  • Novas
  • Contacto
logo

SAÚDO DA ALCALDESA

 

Veciños e veciñas, como Alcaldesa de Cambados é un pracer para min darvos a benvida á páxina web municipal, onde poderedes ver as novidades sobre o noso Concello, ademais de consultar información de gran interese. Esta páxina nace co obxectivo de fomentar a participación, xa que constitúe unha canle de comunicación fluida entre o concello e a veciñanza.

Esta será unha páxina transparente, cercana e aberta a tódolos veciños e veciñas de Cambados para que en cada momento poidades saber canto acontece na nosa vila, desde actos e eventos ata as inversións, gastos e orzamentos, pasando por todo aquelo que vai sendo aprobado nos distintos Plenos.

Comezamos, pois, unha nova etapa na web municipal que se converterá nun instrumento vivo e dinámico ao servizo dos usuarios/as.

Queremos tamén que esta sexa a plataforma para facer consultas, para obter información e para concretar xestións, sen necesidade de moverse da casa. A renovación e actualización da web responde, igualmente, a un proceso de modernización da xestión mellorando a participación cidadá, neste caso, mediante os instrumentos que nos brindan as novas tecnoloxías.

Esa é a nosa meta, estar ao servizo de todos os veciños e veciñas en todo momento, traballando para satisfacer as vosas necesidades e solucionar os vosos problemas, para así alcanzar unha maior calidade de vida.

Dª Fátima Abal Roma 


Alcaldesa do Ilmo. Concello de Cambados

Concello de Cambados

¡Descubre Cambados!
Síguenos nas Redes Sociais
  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube

Noticias (clic aquí para ver todas)

  • Inauguración da exposición “Carlos O. Oubiña. 50 anos de pintura (1968-2018)”
  • “Mariñeiro”: unha curtametraxe documental de Juan Galiñanes
  • Música de cine no Auditorio Municipal
  • Programación de Entroido do Concello de Cambados
  • Memoria 2017 da Fundación Plácido Castro

Categorías

Novembro 2026
M T W T F S S
« Feb    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O Tempo

O tempo

Ligazóns interesantes

  • Ofertas Emprego
  • Orientación Laboral
  • Perfil do Contratante
  • Portal de Transparencia
  • Sede Electrónica
  • Taboleiro de Anuncios

CONTACTO

alcaldia@cambados.es

986 520 902 / 986 520 943

CONCELLO DE CAMBADOS

Nif: P3600600E
Domicilio social: Praza do Concello 1, 36630 – Cambados (Pontevedra)

  • Mapa do sitio web
  • Aviso Legal
  • Aviso de Cookies

© 2018 Concello de Cambados. Todos os dereitos reservados. Deseño web: DYW