• Facebook
  • Twitter
  • YouTube
Galego
  • Español Español
  • English English

[Web Oficial do Concello de Cambados]

logo

Menu

  • Concello
      • Administración
        • iconSaúdo da Alcaldesa
        • iconCorporación Municipal
        • iconPerfil do Contratante
        • iconPortal de Transparencia
        • iconSede Electrónica
        • iconFACe
        • iconTaboleiro de Anuncios
        • iconOfertas Emprego
        • iconPlataforma de Cobros
      • Áreas Municipáis
        • iconEconomía, Facenda, Industria, Comercio e Promoción Económica
        • iconMuller e Igualdade
        • iconServizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade
        • iconTurismo
        • iconXuventude e Novas Tecnoloxías
        • iconEmprego e Orientación Laboral
        • iconCultura, Ensino, Patrimonio, Deporte e Normalización Lingüistica
        • iconParticipación Cidadá
        • iconMedioambiente, Mar e Medio Rural
      • Servizos
        • iconCentros de saúde e Farmacias
        • iconPolicía e Protección Civil
        • iconXulgados
        • iconInstalacións / lecer
        • iconDirectorio
        • iconMuseosEn Cambados podemos atopar varios museos como o Museo Etnográfico e do Viño, a Casa Museo do poeta cambadés Ramón Cabanillas, ou o Muíño de Mareas da Seca.
        • iconCentros Culturais
  • Perfil do Contratante
    • iconObras
    • iconPrestación Servizo
    • iconServizos
    • iconSuministros
    • iconOutros
    • iconVer todos
  • Turismo
        • iconDescubre Cambados
        • iconGastronomia
        • iconFesta do Albariño e AdegasCambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.
        • iconLecerA vila de Cambados é coñecida sobre todo por ser a Capital do Viño Albariño, pola súa excelente gastronomía, polo seu incomparable Conxunto Histórico Artístico, pola amabilidade e familiaridade das súas xentes… pero Cambados é moito máis: é tempo de lecer, de traquilidade, de relaxación e de festa. Aquí podemos ver algunhas das propostas que nos ofrece a fermosa vila:
        • iconRutas de sendeirismoOutro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.
        • iconRueiro
        • iconOnde XantarA señorial vila de Cambados asombra o visitante co seu espléndido conxunto histórico… pero co que realmente o conquista é coa súa incomparable gastronomía. Cambados, conta con tres portos, destacando o porto pesqueiro de Tragove, onde se sitúa a lonxa. Alí, cada día, mariñeiros e mariscadoras traen á poxa a captura da xornada. Os restauradores acoden a ela para poder ofrecer nas súas cartas os peixes e mariscos máis frescos e de mellor calidade. Isto, xunto cos produtos frescos da horta, as conservas…, e todo maridado co mellor albariño, fan que a vila cambadesa conte cunha das mellores ofertas de restauración da comarca. Así, establecementos de cociña tradicional, restaurantes de cociña de deseño e Estrela Michelin, xunto con mesóns, taperías e vinotecas fan que o recordo de Cambados non só quede na nosa memoria senón tamén no noso padal.
        • iconOnde DurmirCambados caracterízase por ser un municipio hospitalario, onde o visitante se sente a gusto polo trato amable e o carácter aberto dos seus habitantes. A oferta hostaleira é ampla e diversa con moi boa relación calidade-prezo, o que permite gozar tanto dunha acolledora casa rural, onde a paisaxe impón a súa beleza, como dun confortable cuarto en pleno centro histórico da vila. Desde 1966 Cambados conta, entre a súa oferta turística, co Parador Nacional do Albariño, que garante unha estancia agradable para o visitante máis esixente. Todos os establecementos hostaleiros da vila coidan con esmero os detalles para que, en calquera estación do ano, o visitante se sinta coma na casa e disposto para gozar da súa oferta cultural.
  • Sede Electrónica
  • Galeria Fotográfica
  • Novas
  • Contacto
logo

ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E TERCEIRA IDADE

Está vostede aquí: Inicio / ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E TERCEIRA IDADE
Share this page

Benvid@!

Ola, o primeiro darte as  grazas por pararte neste espazo virtual da área de Benestar Social Municipal, un instrumento que agardamos resolva algunha das túas dúbidas en relación co noso departamento.

Nesta páxina tratamos de volcar o máximo de información que nos permite o actual desenvolvemento do sistema virtual municipal, algo que pouco a pouco esperamos irá mellorando ata convertir esta web no referente da xestión dos recursos municipais destinados ás políticas de benestar, presididas polo concepto de proximidade e calidade  como toda a nosa política de benestar.

Somos conscientes de que boa parte do noso traballo precisa do contacto persoal, da consulta directa entre as persoas que utilizan os servizos e os profesionais que os prestan, polo que ningún sistema non presencial pode substituir este contacto humano. Pero existe moita información que poñemos á túa disposición a través desta web para facilitarche as cousas na medida do posible.

Sen máis, envíoche un cordial saúdo.

Tino Cordal.
Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade do Concello de Cambados.

Quen somos e onde estamos?

Somos un equipo multidisciplinar que cada día traballamos ao servizo da cidadanía cambadesa para lograr ofertar uns Servizos Sociais de calidade, tendo en conta a complexidade técnica de cada un dos temas que se tratan no noso departamento; dende aquí o noso compromiso para mellorar.

  • Dirección: Rúa Ourense nº8, terceira planta
  • Teléfono: (información e cita previa): 986 52 05 10
  • Correo electrónico: sscambados@cambados.es
  • Horario de atención ao público: luns, mércores e xoves de 9:00 a 13:00 horas

Servizos Sociais Comunitarios Básicos:

Teñen carácter local, aberto e polivalente e constitúen a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais co que se garante a universalidade do sitema e a súa proximidade ás persoas usuarias, ás familias e ao ámbito comunitario.

Desenvólvense desde os centros de servizos sociais de carácter polivalente, mediante equipos interdisciplinares e/ou persoal especializado.

Normativa de referencia: decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios (DOG nº 63 de 30/03/2012).

Natureza, requisitos, funcións, programas e servizos dos servizos comunitarios básicos: arts. 6, 7 8 e 9 do decreto 99/2012, do 16 de marzo. 

Destinatarios:

  • Persoas e familias residentes no termo municipal de Cambados.

Recursos materiais:

Dúas UTAS (unidades municipais de atención social) divididas por zonas de atención.

  • Espazos separados que permiten a privacidade nas entrevistas e reunións necesarias para a intervención social individualizada.
  • Espazos de reunións grupais.
  • Atención adaptada para persoas con mobilidade reducida.
  • Conexión telefónica e a internet.
  • Medios e dispositivos para o arquivo e custodia dos expedientes de acordo cos requisitos de confidencialidade da normativa de aplicación sobre protección de datos de carácter persoal.

Recursos humanos:

  • Unha directora e coordinadora do departamento (traballadora social): María Casal.
  • Unha traballadora social (dúas UTAS: unidades de traballo social divididas por zonas): Begoña Sobrido.
  • Unha educadora familiar: Paula Villarejo.
  • Un auxiliar administrativo: Fernando Betanzos.

 Unidade administrativa:

Este é o punto de partida do noso departamento: aquí comeza o primeiro contacto da cidadanía con nós, é onde se efectúa a recepción e canalización das persoas que acceden ao noso centro, e se lles da información sobre o funcionamento do servizo e recursos que ofertamos así como as correspondentes citas coa unidade técnica correspondente dependendo da zona onde vivan ou da cuestión a tratar. Tamén poden pedir cita telefónica.

Unidades técnicas:

Unha vez que se derivan os casos á correspondente unidade de traballo social para que os profesionais de referencia traballen con eles coa fin de poder avaliar, asesorar, e intervir na oferta e tramitación dos recursos máis axeitados, coa intención de realizar unha atención integral e de calidade, expoñemos os principais programas dentro do ámbito dos SS.SS. Comunitarios:

  • Programa de valoración, orientación e información en materia social (clic para acceder)

  • Programa de apoio á unidade de convivencia (clic para acceder)

  • Programas de inserción social (clic para  acceder)

  • Programas da terceira idade (clic para acceder)

  • Dependencia/discapacidade (clic para acceder)

Concello de Cambados

¡Descubre Cambados!
Síguenos nas Redes Sociais
  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube

Noticias (clic aquí para ver todas)

  • Inauguración da exposición “Carlos O. Oubiña. 50 anos de pintura (1968-2018)”
  • “Mariñeiro”: unha curtametraxe documental de Juan Galiñanes
  • Música de cine no Auditorio Municipal
  • Programación de Entroido do Concello de Cambados
  • Memoria 2017 da Fundación Plácido Castro

Categorías

Novembro 2026
M T W T F S S
« Feb    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O Tempo

O tempo

Ligazóns interesantes

  • Ofertas Emprego
  • Orientación Laboral
  • Perfil do Contratante
  • Portal de Transparencia
  • Sede Electrónica
  • Taboleiro de Anuncios

CONTACTO

alcaldia@cambados.es

986 520 902 / 986 520 943

CONCELLO DE CAMBADOS

Nif: P3600600E
Domicilio social: Praza do Concello 1, 36630 – Cambados (Pontevedra)

  • Mapa do sitio web
  • Aviso Legal
  • Aviso de Cookies

© 2018 Concello de Cambados. Todos os dereitos reservados. Deseño web: DYW