A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro e o Concello organizan a terceira edición do Desfile de Moda. A cita terá lugar o vindeiro domingo 19 de novembro as 18:00 horas no Salón de Exposicións José Peña. O acto de presentación contou coa participación do presidente da Asociación, Juan Rey, o Concelleiro de Economía, Xurxo […]
O concello de Cambados organizará o vindeiro mércores 15 de novembro a xornada: “Impacto das Redes Sociais na xuventude e na adolescencia: Que podemos facer? Que debemos facer?” Esta xornada, que organizan conxuntamente as concellarías de Igualdade e de Novas Tecnoloxías, desenvolverase a partir das 19:00 horas do mércores 15 de novembro, e será de […]
Descargar: OFERTAS_CAMBADOS_10112017.pdf Adxuntos Descargar: OFERTAS_CAMBADOS_10112017.pdf (110 kB)
O venres 8 de decembro, a partires das 13:00 na adega Condes de Albarei celébrase a III Gala Xantar Benéfica de GaliciAME, que estará presentada por Belén Xestal e Armando Fernández e contará coa actuación de: Sanjurjo&Dopico, Rosa Cedrón, Guadi Galego, SES, David Prado, Sapoconcho, Kiko Cadaval e Os demos da petaca. As entradas (adultos […]
O Salón Peña acollerá o sábado 2 de decembro, a partires das 20:00, o festival Albariño Can-Fest, no que participarán os grupos Gatillazo, Mamá Ladilla, Konflikto, Bergallazo, Innoppiah e The Royal Flash. A recadación irá destinada ao refuxio de Cambados.
O domingo 26 de novembro, ás 14:00 celebrarase no Salón Peña un xantar a prol do pobo saharaui, organizado por SOGAPS e que contará coa actuación musical de Xironsa. As entradas (12€ adultos; gratis menores de 8 anos) podense comprar na Oficina de Turismo de Cambados, no Museo Valle-Inclán (Vilanova) e na zapatería 100PIES (Vilagarcía)
Este venres 10 de novembro, ás 20 horas, celebrarase en ExpoSalnés unha charla informativa sobre a polémica reforma da Lei da Saúde que quere levar adiante a Xunta de Galicia. Esa reforma provocará a supresión da área sanitaria do Salnés, reducindo consultas e servizos no Hospital comarcal, e incrementará o desvío de pacientes cara aos […]
Mañá mércores, 8 de novembro, está convocada unha concentración contra a instalación dunha antena de telefonía móbil na rúa Os Caeiros. Esta concentración será ás 19:00 horas diante da praza do Concello.
Este xoves, 9 de novembro, entre as 17:00 e as 20:00 horas terá lugar na sede do GALP Ría de Arousa (Recinto Feiral FEXDEGA, Vilagarcía de Arousa) a reunión do programa ALIADAS, que tenta impulsar o asociacionismo entre as mulleres do mar. Inscricións en candieira.net ou chamando ao 986 510 953. Aliadas é un programa […]
Mañá sábado 4 de novembro, o complexo deportivo do Pombal acolle, entre as 9:00 e as 15:00, a copa deputación de Taekwondo (entrada de balde). A proba está organizada polo Vital Sport e será clasificatoria para a competición autonómica.


