O Concello de Cambados conmemora, por segundo ano, o Día Internacional da Nena. Durante esta noite, a fachada da casa consistorial será iluminada en cor rosa fucsia, e mañá, ás 11:00h terá lugar unha solta de globos dourados nos que as nenas e nenos participantes no acto escribirán as súas mensaxes. A continuación, procederase á lectura dun […]
O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: Posto: Auxiliar Administrativo para deouradora de marisco Zona xeográfica: O Salnés Descrición: Tarefas de trazabilidade e realización de albaráns Requisitos: coñecementos básicos de Contaplus Contacto: enviar CV a depuradora.rrhh@gmail.com co asunto “auxiliar administrativo” Nexo ETT selecciona para […]
Cambados acollerá o sábado 14 de outubro o Encontro de Confrarías Gastronómicas e a Festa da Vendima, actividades enmarcadas dentro dos actos da Cidade Europea do Viño 2017. O evento comezará o venres, cunha recepción, e continuará o sábado durante todo o día, nunha xornada na que os participantes percorrerán o noso casco histórico, así […]
O Concello de Cambados organiza as III Xornadas para Emprendedores que, nesta edición, están vinculadas aos proxectos de Emprendemar. As Xornadas serán o vindeiro 11 de outubro, en Exposalnés, de 16 a 20 horas, e incluirá unha mesa de debate con catro ponencias, impartidas por representantes do GALP Ría de Arousa, SmartPeme, a empresa Nordelaina, e […]
A Tropa de Trapo combinará os contos cun obradoiro participativo no Auditorio para facer reflexionar á rapazada sobre o materialismo ou a cooperación A Tropa de Trapo continúa este venres 6 de outubro en Cambados a xira ‘Ti tamén contas’, un espectáculo a prol da solidariedade que percorrerá nos vindeiros meses dez concellos socios do Fondo Galego de […]
O Auditorio Municipal da Xuventude acollerá durante o mes de outubro un ciclo de teatro, coa representación das seguintes obras: -Sábado 7, ás 20h: “Raclette”, (Ibuprofeno Teatro) -Sábado 14, ás 20h: “Nacidas Libres” (Contra Producións) -Domingo 22, ás 19h: “As fillas bravas” (Grupo Chévere) -Sábado 28, ás 20h: “Tropical” (Elefante Elegante)
Dende fai 25 anos, o 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental para dar a coñecer esta realidade e trasladar aos axentes competentes as reivindicacións e necesidades do colectivo. Lar Pro Saúde Mental únese á acción de sensibilización “O que teño na mente” organizada por FEAFES Galicia, coa que se convida á […]
O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: NEXO ETT selecciona para importante empresa do sector da alimentación, persoas para a realización de tarefas de empacado manual, para a zona de Vilagarcía d eArousa. Imprescindible ter experiencia previa e carnet de manipulación de alimentos. […]
Este mes de outubro realizarase o ciclo de documentais de Memoria Histórica A NOSA MEMORIA, unha gran oportunidade para botar unha ollada ás raíces da nosa cultura. O ciclo desenvolverase todos os venres de outubro, ás 20:00h en Exposalnés. -Venres 6 de outubro: “Castelao e os irmáns da liberdade”. Intervirá Xan Leira (director dos documentais) […]
Desde a Asociación de Mulleres Rurais “A Seca” de Corvillón, dentro das actividades que se organizarán este ano, estarán: Curso de Alfabetización Dixital, para adquirir os coñecementos básicos de navegación por Internet, uso dos móviles intelixentes, tablets etc. Curso subvencionado pola Deputación dentro do Programa “Conectadas”. Terá un custo total de 6 euros e desenvolverase entre […]


