Habilitarase unha sala no edificio Exposalnés para expoñer o arquivo familiar do autor e dos seus fillos A Deputación de Pontevedra porá a disposición do Concello de Cambados os equipos técnicos necesarios para proceder á musealización do legado familiar de Ramón Cabanillas. Así llo anunciou o deputado de Cultura, Xosé Leal, ao concelleiro de […]
Achegamos información sobre os cursos CPAE 2.0 de novas tecnoloxías que se están a desenvolver en Exposalnés Descargar: cpae.pdf Adxuntos cpae (2 MB)
O luns 12 de outubro, a partir das 18:00h no salón Peña celebrarase o dia das persoas de idade. No acto servirase un pincho e estará amenizado por un duo musical.
Esta mañá, achegáronse ao Colexio de San Tomé, a petición deste centro de ensino e do concello, técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (centro de investigación e diagnóstico forestal e agrario dependente da Deputación de Pontevedra) para realizar unha valoración da situación na que se encontran as árbores do patio. Tras o último temporal caeron […]
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) celebrará os días 18, 19 e 20 de novembro en Santiago de Compostela o XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo. Dito Congreso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Emprego e Formación Profesional da Rexión […]
A Consellería de Traballo e Benestar e a Escola de Organización Industrial promoven un programa de asesoramento para a mellora da competitividade das cooperativas, SAT e confrarías de pescadores. O programa consta de dúas partes: A primeira parte consisitirá no estudo da cooperativa/SAT/Confraría para analizar o seu modelo de negocioactual e realizar un completo informe detallado que […]
Este venres, ás 20:00 horas, será presentado en Exposalnés o libro “Un cesto de mazás: Memoria do 36 e do tempo que veu”. O acto de presentación estará presentado por Fátima Frieiro, xornalista do Diario de Arousa, e nel inservirán: Tino Cordal, concelleiro do goberno de Cambados; Antonio Cordal, sobriño de Castor Cordal, o cal […]
A oficina municipal de emprego informa das seguintes ofertas: Descargar: OFERTAS_CAMBADOS_05102015.pdf Adxuntos OFERTAS_CAMBADOS_05102015 (91 kB)
A Deputación de Pontevedra pon en marcha este mes de outubro un total de 41 cursos de Nova sTecnoloxías en seis localidades dentro do programa do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0 En concreto, os cursos terán lugar en Cambados, Lalín, Ponteareas, O Porriño, Pontevedra e Vigo. Estes talleres desenvolveranse ao longo de todo […]
Informamos que, debido á reparación do depósito de auga situado en Refoxos, e á realización de traballos de mantemento, efectuarase un corte do suministro de auga entre a 1:00 e as 6:00 deste martes. O corte afectará principalmente ao núcleo urbano, e realizarase durante a madrugada para minimizar as molestias aos usuarios do servizo.


