Cambados é un auténtico museo ao aire libre esculpido en granito, que atesoura un dos conxuntos históricos mellor conservados de Galicia pola infinidade de pazos señoriais, rúas nobres, monumentos, esculturas... Cambados nace da fusión de tres vilas históricas que manteñen a súa autenticidade: Fefiñáns, cun marcado carácter nobre, Cambados cas súas belas prazas, rúas e ruínas de Santa Mariña, e o carácter eminentemente mariñeiro de San Tomé. A unión delas fai de Cambados un lugar único en Galicia.
Rúa Narciso Pérez, 41
D. Diego de Zárate y Murga , I Marqués de Montesacro por decreto de Felipe V, construíu na vila de San Tomé o pazo de Montesacro no s. XVIII, ao estilo barroco da época.
Rúa Hospital, 14D
Pertence ao pazo de Montesacro, e foi construída ao mesmo tempo que estoutro no s. XVIII. É de carácter semipúblico e nela venérase á virxe da Valvanera, tradición rioxana traída polos Marqueses de Montesacro.
Rúa Torre, 18
O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do s. IX e o posterior levantamento da catedral, provocaron que xurdisen estas torres de vixía para defender a ría de Arousa e Compostela dos ataques de normandos e viquingos.
