Coñecido como a Capital do viño Albariño a vila de Cambados estivo ligado desde sempre ao albariño e así queda reflectido nas súas rúas onde a cultura do viño está sempre presente.
Situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados, xunto ás Ruínas de Santa Mariña Dozo (s. XV), Monumento de Interese Turístico Nacional, atopamos o Museo Etnográfico e do Viño, primeiro museo do viño de Galicia e un dos primeiros de España.
Nos inicios da festa do albariño ninguén se podía imaxinar a importancia e repercusión que esta ía ter para o crecemento da vila. Foron moitas as cousas que se lograron grazas a ela, e así Cambados foi crecendo coa festa.
A praza de Fefiñáns está formada polo pazo de Fefiñáns, a arco-ponte, a atalaia Torre da Homenaxe, e pola igrexa de San Bieito, sendo un dos conxuntos arquitectónicos máis fermosos e admirados de Galicia. Antigamente era coñecida como a praza do…
Declarado no mes de agosto do 2012 Ben de Interese Cultural o pazo de Fefiñáns comezou a súa construción no s. XVI por mandato de Juan Sarmiento y Valladares, señor de Fefiñáns e conselleiro de Felipe II, a obra terminouna o seu sobriño D. Gonzalo…
Antigo templo románico, remodelado a comezos do s. XV e reedificado no s. XVII por orde de D. Gonzalo de Valladares poñéndoa baixo o patrocinio de San Bieito. Ao igual que o pazo de Fefiñáns foi declarado Ben de Interese Cultural en agosto de 2012.
Única ponte en forma de arco que se conserva das catro que antigamente existían na praza. Eran utilizadas polos nobres do pazo para desprazarse polas distintas dependencias do conxunto, ou para acceder á parte privada que posuían na igrexa de San…


