Acceso Para chegar á ruta dos Lavancos deberemos seguir a comarcal C-550 Cambados-O Grove e no punto quilométrico 5,800 colleremos o desvío cara ao Facho. Colleremos o mesmo acceso para a ruta dos Mazaricos, pero no Facho haberá que seguir un novo…
A ruta dos Lavancos transcorre pola beira da enseada desde o lugar do Facho ata Correlo, onde nos adentraremos na desembocadura do río Umia para volver polo camiño interior entre piñeiros e cultivos de albariño.
Ao longo das dúas horas que dura o percorrido a marea subirá ou baixará, de modo que teremos unha visión distinta da enseada, e da súa flora e fauna, segundo sexa o seu estado.
Situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados, xunto ás Ruínas de Santa Mariña Dozo, atopamos o Museo Etnográfico e do Viño, que é o primeiro museo do viño de Galicia e un dos primeiros de España.
Ramón Cabanillas naceu no ano 1876 nunha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns, que foi rehabilitada e transformada en casa museo e aberta ao público o 28 de xullo de 1998.
O Museo do Muíño de Mareas da Seca está situado na parroquia cambadesa de San Mamede de Corvillón, entre Tragove e Fefiñáns.
O paseo marítimo de Cambados, é moi frecuentado polos cambadeses e turistas, camiñando ou en bicicleta. Percorre, en aproximadamente dous quilómetros, a costa das tres antigas vilas de Fefiñáns, Cambados e San Tomé.
Cambados conta cun pequeno porto deportivo que goza das comodidades que require a práctica de deportes náuticos.
Desde o porto de San Tomé, realízanse rutas en kaiak pola costa de Cambados durante os meses de verán.
Subindo as escaleiras ao monte da Pastora, atopámonos cun pequeno parque infantil, unha pequena fonte de auga potable, un cruceiro e a capela da Pastora, onde se celebra anualmente a romaría dedicada a esta virxe.


