O Concello de Cambados, en colaboración coa Asociación de Apoio ao Pobo Sirio, instalarán a partir de mañá mércores na casa mariñeira de San Tomé un punto de recollida de materiais para axudar aos refuxiados sirios. Precísanse voluntarios para axudar na recollida. Máis información no teléfono 659 645 064
O xoves 31 de marzo, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Aprobación da acta da sesión ordinaria celebrada o 25 de febreiro de 2016. 2. Aprobación inicial, se procede, do regulamento de participación cidadá do […]
O Concello de Cambados quere expresar o seu apoio aos familiares e seres queridos das vítimas dos atentados acontecidos onte en Bruxelas, polo que nos uniremos ao chamamento feito pola Fegamp e hoxe, mércores 23 de marzo, ás 12:00 horas, faremos unha concentración diante da Consistorial e gardaremos un minuto de silencio como mostra de […]
A Deputación de Pontevedra vai estudar as necesidades de climatización e mellora da cuberta da piscina municipal de Cambados, tras o encontro que mantiveron hoxe o deputado provincial de Cooperación, David Regades, a alcaldesa, Fátima Abal, e o tenente de alcalde, Víctor Caamaño. Ambos os responsables municipais formuláronlle ao deputado provincial a necesidade de mellorar […]
A academia de música 5ª Sinfonía e o auditorio municipal organizan, os días 9 e 10 de abril, un curso de piano dirixido a alumnos e profesores de grao medio e superior, co obxectivo de traballar a técnica e interpretación pianística. O curso desenvolverase en clases individuais de 60 minutos no horario escollido polo alumno/a […]
Descargar: Ofertas Emprego 15-3-2016.pdf Adxuntos Descargar: Ofertas Emprego 15-3-2016.pdf (212 kB)
Este domingo pola mañá celebrouse no pavillón O Rosal de Moaña, a fase Provincial do Campionato Escolar de Taekwondo na modalidad de Combate, dentro do programa “Xogade” da Xunta de Galicia, ao que o “Club Vital Sport” Cambados, e o seu asociado, o “Club Gym Vital” de Caldas de Reis desprazaron a sete competidores, conseguiendo […]
Un ano máis a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do programa Ler conta moito, pon á disposición da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia un catálogo de actividades da dinamización da lectura para que, segundo as preferencias e necesidades de cada biblioteca, poidan acollerse ao programa tras […]
Descargar: Ofertas 14-3-2016.pdf Adxuntos Descargar: Ofertas 14-3-2016.pdf (78 kB)
A concellería de Cultura do Concello de Cambados, comprácese en informar do Premio “Biblioteca Pública y compromiso social“. #PremioBiblioSocial, que vén de recibir a Biblioteca Municipal Luís Rei a través da Fundación Biblioteca Social. Dito galardón convocouse en outubro de 2015 na súa segunda edición, e o pasado 1 de marzo 2016 o xurado valorou como “Mellor proxecto” […]


