TALLER DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN EXPLOTACIÓNS VITIVINÍCOLAS

O vindeiro 11 de novembro impartirase na Casa da Cultura un taller de prevención de riscos laborais en explotacións vitivinícolas. O taller, de 4 horas de duración, está dirixido a persoas traballadoras e profesionais maiores de idade, ocupadas ou desempregadas, do sector vitivinícola. Será impartido de 16 a 20h, e o número de prazas será […]

O CONTIARIO DE PABLÍSIMO VISITA AS PARROQUIAS CAMBADESAS NO MES DAS BIBLIOTECAS

O pasado venres o Contiario de Pablísimo iniciaba a súa visita  na ALM de Oubiña, para celebrar que Outubro é o Mes das Bibliotecas. Nenos e pais puideron gozar dunha ristra de contos do máis diverso… e divertido! Seguíronlle Vilariño e Corvillón, onde case 50 persoas gozaron de divertidas historias. Deixámosvos nos seguintes enlaces algunhas […]

OS SERVIZOS TURÍSTICOS DO CONCELLO DE CAMBADOS DAN A COÑECER O BALANCE DE TURISTAS E VISITANTES QUE DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO DO 2015 VISITARON A NOSA VILA, SENDO UN TOTAL DE 23.928 PERSOAS.

A afluencia de turistas durante este verán 2015 no que respecta á nosa vila, foi moi positiva, si ben para os Servizos Turísticos do Concello de Cambados non é posible contabilizalos na súa totalidade e de xeito rigoroso, polo que só quedan rexistrados aqueles turistas e excursionistas que se achegan ás nosas dependencias. Esta cifra […]