Acompañarannos Teatro Ghazafelhos e a súa obra “Camiñando entre estrelas” o martes 24 ás 20.00 h. no Auditorio Municipal. Para todos os públicos ata completar aforamento. Anteriormente, ás 19.30 h., farase entrega dos premios ós mellores lectores nas categorías infantil, xuvenil e adulta. Ademáis, nas Axencias de Lectura contaremos co espectáculo “Os Ratiños da caixa” con Trinke Trinke ás […]
O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: NEXO ETT selecciona OPERARIOS/AS de manipulación de MARISCO na zona do Grove. Necesario dispoñibilidade inmediata para traballar en turno nocturno e fins de semana. Interesados/as poñerse en contacto co teléfono 986115750 ou enviar CV a administracionc3@gruponexoinfinity.com Descargar: […]
En poucos días todos aqueles veciños e veciñas de Cambados que o necesiten, poderán ser beneficiarios das axudas para o ensino e o transporte escolar durante este curso 2017-18. Para cubrir ditas axudas escolares o Concello de Cambados destinará unha partida orzamentaria de 18.000 euros. As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra […]
A Concellaría de Medio Ambiente, dirixida por María José Cacabelos, está organizando unha charla informativa sobre a compostaxe doméstica, que terá lugar en Exposalnés, o vindeiro martes, 17 de outubro ás 19.00h. Tras a charla, que contará con persoal técnico especializado, farase entrega dos novos composteiros individuais que cedeu a empresa pública Sogama. Esta charla […]
Na vindeira semana poñerase en marcha o Obradoiro de Emprego “CAMBADOS REXENERACIÓN URBANA E MEDIOAMBIENTAL CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO”, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, con dous módulos formativos, Carpintaría e Xardinaría-Forestal. Os anteriores Obradoiros do Concello de Cambados acadaron un grado de ocupación superior o 70%, así o Obradoiro para a […]
O Concello de Cambados conmemora, por segundo ano, o Día Internacional da Nena. Durante esta noite, a fachada da casa consistorial será iluminada en cor rosa fucsia, e mañá, ás 11:00h terá lugar unha solta de globos dourados nos que as nenas e nenos participantes no acto escribirán as súas mensaxes. A continuación, procederase á lectura dun […]
O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: Posto: Auxiliar Administrativo para deouradora de marisco Zona xeográfica: O Salnés Descrición: Tarefas de trazabilidade e realización de albaráns Requisitos: coñecementos básicos de Contaplus Contacto: enviar CV a depuradora.rrhh@gmail.com co asunto “auxiliar administrativo” Nexo ETT selecciona para […]
Cambados acollerá o sábado 14 de outubro o Encontro de Confrarías Gastronómicas e a Festa da Vendima, actividades enmarcadas dentro dos actos da Cidade Europea do Viño 2017. O evento comezará o venres, cunha recepción, e continuará o sábado durante todo o día, nunha xornada na que os participantes percorrerán o noso casco histórico, así […]
O Concello de Cambados organiza as III Xornadas para Emprendedores que, nesta edición, están vinculadas aos proxectos de Emprendemar. As Xornadas serán o vindeiro 11 de outubro, en Exposalnés, de 16 a 20 horas, e incluirá unha mesa de debate con catro ponencias, impartidas por representantes do GALP Ría de Arousa, SmartPeme, a empresa Nordelaina, e […]
A Tropa de Trapo combinará os contos cun obradoiro participativo no Auditorio para facer reflexionar á rapazada sobre o materialismo ou a cooperación A Tropa de Trapo continúa este venres 6 de outubro en Cambados a xira ‘Ti tamén contas’, un espectáculo a prol da solidariedade que percorrerá nos vindeiros meses dez concellos socios do Fondo Galego de […]


