Xa hai resolución do programa de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos/as de centros docentes públicos de educación primaria e secundaria do concello de Cambados durante o curso 2016-17. Neste curso escolar o total de solicitudes presentadas foron de 126, das cales aceptáronse 95 e foron rexeitadas […]
Esta noite, ás 21:00 horas no auditorio municipal da Xuventude, terá lugar o concerto “músicas no tempo 2016”, conmemorando o día de Santa Icía, patroa da música.
O venres, 25 de novembro, ás 19:30 horas, no salón de actos de Exposalnés, no paseo da Calzada, de Cambados, terá lugar a presentación do libro “O camiño da Estadea” de Ramón Caride. No acto, organizado en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Cambados, participarán Maribel Iglesias, Manuel Núñez, Manuel Bragado e o […]
¿Teñen consecuencias os nosos estados de ánimo, os nosos pensamentos e sentimentos na nosa saúde? ¿Cal é a nosa visión sobre as incidencias da vida? Vémo-las crisis como problemas, ou como posibilidades de crecemento? Este venres 18 (ás 20 horas, en ExpoSalnés) e sábado 19 (16:30 a 20 horas, no Salón Peña) a Concellaría de […]
Durante os días 10 e 11 de novembro, celébranse no salón de actos de Exposalnés e no Centro de Desenvolvemento Local do Concello de Cambados (Viveiro de Empresas) as II Xornadas para Emprendedores financiadas pola Dirección Xeral de Comercio, Para asistir so é preciso inscribirse mediante este formulario e terán o seguinte programa: XOVES 10 novembro (10:00 […]
Mañá mércores 9 de novembro celébrase o 57 cabodano de Ramón Cabanillas, coincidindo co Centenario das Irmandades da Fala. Para conmemoralo, levarase a cabo ás 19:30 unha ofrenda floral no Monumento a Cabanillas do Paseo da Calzada, e ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Francisco Fernández Rei presentará “O legado Cabanillas, un tesouro para poñer en […]
“Cantos de preto e de lonxe” de Emilio Rua en concerto. Este sábado ás 20:30h. no auditorio de Cambados.
O Plan de Axuste Económico Financeiro do Concello establece unha redución do 40% do saldo, que a 31/12/2015 que ascendía a 373.481,92€, das facturas pendentes de aplicar ao orzamento por falta de crédito. O actual goberno de Cambados reduciu o importe a peche deste trimestre segundo os datos do informe trimestral de intervención remitido o […]
Cambados baixará o IBI ao 0,55%, conxelará unha gran parte das taxas e propón numerosas bonificacións fiscais para 2017. O obxectivo do goberno local para o vindeiro ano é investir para a creación dun concello máis xusto socialmente, de maior emprego e con máis oportunidade de negocio, e máis sensible co medio ambiente e coa […]
O venres 4 de Novembro inaugurase da exposición da obra de Miguel Ángel Vigo “EXTRAMUNDI” ás 20:00 en Pazo Torrado.


