OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

O Concello de Cambados realiza a seguinte convocatoria de emprego con cargo a subvención da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia:   Número de prazas: 1 Posto de traballo: Técnico de Turismo Descrición da ocupación: Labores de información turística durante a tempada estival en distintos puntos de información turística do Concello de Cambados. Data prevista de incorporación: Aproximadamente […]

CURSO DE VELA

A Concellería de Deportes do Concello de Cambados informa que, o vindeiro martes 7 de xuño de 2016, abriranse as inscripcións para os interesados/as en asistir ao “XVIII Curso de Iniciación á Vela Lixeira” que terá lugar no Peirao de Tragove entre os días 11 e 15 de xullo. O número de prazas será de […]

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO

O Concello de Cambados realiza unha convocatoria de emprego con cargo a subvención da Consellería de Emprego e Igualdade. Os traballadores e traballadoras que se contraten deberán ser en todo caso persoas perceptoras da Risga e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoas demandantes non ocupadas. Estes requisitos deberán cumprirse tanto […]

O CONCELLO DE CAMBADOS ADHÍRESE AO PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN E TRATAMENTO DE SITUACIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO PRODUCIDAS DENTRO E FÓRA DOS LUGARES DE TRABALLO

Este protocolo vai dirixido a todas as persoas que, en calquera nivel xerárquico e/ou posición, prestan os seus servizos para o Concello de Cambados, incluído o persoal colaborador (ben sexa por conta propia ou baixo a dependenciaa doutras empresas contratadas e/ou subcontratadas) e que poidan observar por si mesmas ou chegar a ter coñecemento directo […]

CURSOS DE VERÁN DA OMIX

A Oficina Municipal de Información Xuvenil e Voluntariado (OMIX) do Concello de Cambados informa da posta en marcha dunha serie de cursos para o verán de 2016, para os cales xa está aberto o prazo de inscrición. Os cursos son os seguintes:   Coidados, dependencia: • Duración: 30 horas • Data: do 13 ao 22 […]