FESTA DA BICICLETA

O vindeiro domingo 8 de maio terá lugar en Cambados a Festa da Bicicleta, que sairá ás 11:00h da Praza de Fefiñáns. O percorrido será de aproximadamente 11km, e ao final da marcha haberá un sorteo de bicicletas. Para participar en dito sorteo haberá que inscribirse ás 10:00h na praza de Fefiñáns

FESTA DOS MAIOS

Este domingo 1 de maio ás 17:30 horas celebrarase no parque de Torrado a Festa dos Maios, coa participación dos grupos: -Asociación Xuvenil Clave de Sol -Asociación Cultural Xuventude – Asociación Cultural Con de Xido -Asociación Cultural Corvillón -Asociación Obradoiro Volandeira -Clube Mariño Salnés -AMPA O Castro -AMPA Con de Sete Pías

CONCURSO DO CARTEL PARA A LXIV FESTA DO ALBARIÑO DE CAMBADOS

A Concellería de Cultura do Concello de Cambados presenta o Concurso do Cartel para a LXIV Festa do Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, que se rexerá polas seguintes bases: 1ª. Participación: Poderá formar parte deste concurso calquera persoa física, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente. 2ª. Carteis: Os orixinais deberán ser […]