Esta mañá, achegáronse ao Colexio de San Tomé, a petición deste centro de ensino e do concello, técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (centro de investigación e diagnóstico forestal e agrario dependente da Deputación de Pontevedra) para realizar unha valoración da situación na que se encontran as árbores do patio. Tras o último temporal caeron […]
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) celebrará os días 18, 19 e 20 de novembro en Santiago de Compostela o XVII Congreso Internacional de Galicia e Norte de Portugal de formación para o traballo. Dito Congreso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto de Emprego e Formación Profesional da Rexión […]
A Consellería de Traballo e Benestar e a Escola de Organización Industrial promoven un programa de asesoramento para a mellora da competitividade das cooperativas, SAT e confrarías de pescadores. O programa consta de dúas partes: A primeira parte consisitirá no estudo da cooperativa/SAT/Confraría para analizar o seu modelo de negocioactual e realizar un completo informe detallado que […]
Este venres, ás 20:00 horas, será presentado en Exposalnés o libro “Un cesto de mazás: Memoria do 36 e do tempo que veu”. O acto de presentación estará presentado por Fátima Frieiro, xornalista do Diario de Arousa, e nel inservirán: Tino Cordal, concelleiro do goberno de Cambados; Antonio Cordal, sobriño de Castor Cordal, o cal […]
A oficina municipal de emprego informa das seguintes ofertas: Descargar: OFERTAS_CAMBADOS_05102015.pdf Adxuntos OFERTAS_CAMBADOS_05102015 (91 kB)
A Deputación de Pontevedra pon en marcha este mes de outubro un total de 41 cursos de Nova sTecnoloxías en seis localidades dentro do programa do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial CPAE 2.0 En concreto, os cursos terán lugar en Cambados, Lalín, Ponteareas, O Porriño, Pontevedra e Vigo. Estes talleres desenvolveranse ao longo de todo […]
Informamos que, debido á reparación do depósito de auga situado en Refoxos, e á realización de traballos de mantemento, efectuarase un corte do suministro de auga entre a 1:00 e as 6:00 deste martes. O corte afectará principalmente ao núcleo urbano, e realizarase durante a madrugada para minimizar as molestias aos usuarios do servizo.
O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades (IMIO) e a Secretaría Xeral da Igualdade van a realizar en PONTEVEDRA, nos meses de outubro a decembro, a seguinte actividade formativa Taller de Formación de Formadoras en materia de sociedade da información dirixido a mulleres profesionais (Programa REA): · Lugar: aula de informática da Delegación […]
O vindeiro luns 5 de outubro, e tras a excelente acollida do pasado ano, iniciarase novamente o periodo de inscrición para a segunda edición do Obradoiro de Batucada Brasileira promovido polo Concello de Cambados. A batucada é unha manifestación musical consistente nun grupo de instrumentos de percusión, como os surdos, repikes e caixas. Considérase ás […]
NoaInnova, entidade colaboradora da Confederación Española de Comercio (CEC) para a organización e execución dunha parte do seu programa de formación na modalidade “on-line”/teleformación, informa da posta en marcha do curso: “Innovación no proceso de venta: e-comerce e community management”, para o cal inician o proceso de captación de alumnos. O curso está destinado tanto […]


