III XORNADAS PARA EMPRENDEDORES

O Concello de Cambados organiza as III Xornadas para Emprendedores que, nesta edición, están vinculadas aos proxectos de Emprendemar. As Xornadas serán o vindeiro 11 de outubro, en Exposalnés, de 16 a 20 horas, e incluirá unha mesa de debate con catro ponencias, impartidas por representantes do GALP Ría de Arousa, SmartPeme, a empresa Nordelaina, e […]

O ESPECTÁCULO ‘TI TAMÉN CONTAS’ CONTINÚA EN CAMBADOS A XIRA POR CONCELLOS DO FONDO GALEGO

A Tropa de Trapo combinará os contos cun obradoiro participativo no Auditorio para facer reflexionar á rapazada sobre o materialismo ou a cooperación A Tropa de Trapo continúa este venres 6 de outubro en Cambados a xira ‘Ti tamén contas’, un espectáculo a prol da solidariedade que percorrerá nos vindeiros meses dez concellos socios do Fondo Galego de […]

OUTUBRO DE TEATRO

O Auditorio Municipal da Xuventude acollerá durante o mes de outubro un ciclo de teatro, coa representación das seguintes obras: -Sábado 7, ás 20h: “Raclette”,  (Ibuprofeno Teatro) -Sábado 14, ás 20h: “Nacidas Libres” (Contra Producións) -Domingo 22, ás 19h: “As fillas bravas” (Grupo Chévere) -Sábado 28, ás 20h: “Tropical” (Elefante Elegante)

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Dende fai 25 anos, o 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental para dar a coñecer esta realidade e trasladar aos axentes competentes as reivindicacións e necesidades do colectivo. Lar Pro Saúde Mental únese á acción de sensibilización “O que teño na mente” organizada por FEAFES Galicia, coa que se convida á […]

OFERTAS DE EMPREGO E BOLETIN DE OFERTAS DA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA

O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: NEXO ETT selecciona para importante empresa do sector da alimentación, persoas para a realización de tarefas de empacado manual, para a zona de Vilagarcía d eArousa. Imprescindible ter experiencia previa e carnet de manipulación de alimentos. […]

A NOSA MEMORIA: CICLO DE DOCUMENTAIS

Este mes de outubro realizarase o ciclo de documentais de Memoria Histórica A NOSA MEMORIA, unha gran oportunidade para botar unha ollada ás raíces da nosa cultura. O ciclo desenvolverase todos os venres de outubro, ás 20:00h en Exposalnés. -Venres 6 de outubro: “Castelao e os irmáns da liberdade”. Intervirá Xan Leira (director dos documentais) […]

ACTIVIDADES DE OUTONO DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “A SECA” DE CORVILLÓN

Desde a Asociación de Mulleres Rurais “A Seca” de Corvillón, dentro das actividades que se organizarán este ano, estarán: Curso de Alfabetización Dixital, para adquirir os coñecementos básicos de navegación por Internet, uso dos móviles intelixentes, tablets etc. Curso subvencionado pola Deputación dentro do Programa “Conectadas”. Terá un custo total de 6 euros e desenvolverase entre […]

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (ADOS) AGRADECE AOS VECIÑOS/AS DE CAMBADOS A SÚA IMPLICACIÓN NA CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZÓN DE SANGUE

Os días 21, 22 e 23 de setembro levouse a cabo unha campaña especial de doazón de sangue coa colaboración do Concello de Cambados, na que se  remitiu aos vecinos e veciñas material informativo para tratar de incrementar a participación neste acto solidario. O resultado foi moi satisfactorio, xa que 160 persoas se achegaron ata […]