Este venres ás 19:00h, celébrase no Salón Peña a reunión informativa que a Confraría de Pescadores manterá co sector do mar para explicar a situación na que se atopa o libre marisqueo. Esta xuntanza súmase a outras mantidas ao longo das últimas semanas nas diferentes vilas da nosa ría, nas que se reclamou a urxencia […]
A Corporación do Concello de Cambados quere facerlles chegar, a familiares, compañeiros e amigos, as máis sinceras condolencias polo sentido falecemento de Dona Cruz María Oubiña Fuentes, Oficial da área de Urbanismo deste concello; traballadora exemplar e gran compañeira, unha gran persoa, exemplo vital para outras moitas; que a súa lembranza permaneza e a súa […]
Cambados volverá a poñer en marcha o Plan Madruga “Os primeiros do cole” neste curso 2015-2016, único servizo gratuíto na comarca grazas ao esforzo que fai o Concello coa coordinación dos monitores culturais que forman parte do cadro de persoal da entidade local. O madruga lévase organizando de xeito ininterrompido dende o ano 2008 cun […]
A ehibición infantil de taekwondo que estaba previsto realizar o vindeiro domingo no parque de Torrado, queda aprazada por problemas de saude dunha das monitoras. Dende aquí, desexámoslle unha rápida recuperación.
A explanada da Alameda de San Tomé será o escenario no que este sábado, 5 de setembro, se dispute o torneo solidario de baloncesto 3×3, no cal os fondos recadados serán destinados á asociación Esperanza Salnés. Todos aqueles interesados en participar, poden inscribirse a través de facebook, na páxina 3×3 Esperanza Salnés. O prezo da inscripción […]
Cambados acollerá o próximo 6 de setembro a celebración da XIII Concentración do Albariño de Clásicos. Os asistentes a este evento poderán gozar coseguinte programa: Domingo 6 de Setembro, ás 09.30 horas terá lugar napraza de Fefiñanes a apertura do parque pechado. Ás 10.45 horas procederaseao peche do citado parque e ás 11.10 horas dará comezo a ruta con paseo […]
Datas: 3 e 4 de setembro de 2015 (Dúas edicións) Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros) Colabora: CEMMA, CEIDA Organiza: Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Conservación; Fondo Europeo de DesenvolvementoRexional Descrición A Rede de Varamentos de Galicia está baixoresponsabilidade da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas […]
NoaInnova, entidade colaboradora da Federación Española de Hostelería, pon en marcha o curso “Emprender en Hostelería”, dirixido a persoas desempregadas ou ben traballadores en activo do sector da hostelería que desexen poñer en marcha o seu propio negocio e busquen adquirir os coñecementos de xestión empresarial necesarios. O curso é gratuito, financiado polo Plan de […]
O clube Vital Sport Cambados ofrece una exhibición infantil de Taekwondo o vindeiro domingo, 6 de setembro. O escenario elixido será o parque de Torrado, o cal acollerá dita exhibición a partires das 19:30 horas. No caso de que a choiva ou o mal tempo dificultasen a realización da exhibición, esta será trasladada ao salón […]
Descargar: cursos_celga.pdf Adxuntos cursos_celga (208 kB)


