• Facebook
  • Twitter
  • YouTube
Galego
  • Español Español
  • English English

[Web Oficial do Concello de Cambados]

logo

Menu

  • Concello
      • Administración
        • iconSaúdo da Alcaldesa
        • iconCorporación Municipal
        • iconPerfil do Contratante
        • iconPortal de Transparencia
        • iconSede Electrónica
        • iconFACe
        • iconTaboleiro de Anuncios
        • iconOfertas Emprego
        • iconPlataforma de Cobros
      • Áreas Municipáis
        • iconEconomía, Facenda, Industria, Comercio e Promoción Económica
        • iconMuller e Igualdade
        • iconServizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade
        • iconTurismo
        • iconXuventude e Novas Tecnoloxías
        • iconEmprego e Orientación Laboral
        • iconCultura, Ensino, Patrimonio, Deporte e Normalización Lingüistica
        • iconParticipación Cidadá
        • iconMedioambiente, Mar e Medio Rural
      • Servizos
        • iconCentros de saúde e Farmacias
        • iconPolicía e Protección Civil
        • iconXulgados
        • iconInstalacións / lecer
        • iconDirectorio
        • iconMuseosEn Cambados podemos atopar varios museos como o Museo Etnográfico e do Viño, a Casa Museo do poeta cambadés Ramón Cabanillas, ou o Muíño de Mareas da Seca.
        • iconCentros Culturais
  • Perfil do Contratante
    • iconObras
    • iconPrestación Servizo
    • iconServizos
    • iconSuministros
    • iconOutros
    • iconVer todos
  • Turismo
        • iconDescubre Cambados
        • iconGastronomia
        • iconFesta do Albariño e AdegasCambados tamén é coñecida como a Capital do Albariño, pois o cultivo e a exportación do viño danlle renome a nivel mundial. Aquí creouse e impulsouse a Denominación de Orixe Rías Baixas, que controla e mellora a produción vinícola para a súa exportación aos principais mercados.
        • iconLecerA vila de Cambados é coñecida sobre todo por ser a Capital do Viño Albariño, pola súa excelente gastronomía, polo seu incomparable Conxunto Histórico Artístico, pola amabilidade e familiaridade das súas xentes… pero Cambados é moito máis: é tempo de lecer, de traquilidade, de relaxación e de festa. Aquí podemos ver algunhas das propostas que nos ofrece a fermosa vila:
        • iconRutas de sendeirismoOutro dos grandes praceres de Cambados consiste en percorrer a costa a través de paseos marítimos, ou sendeiros naturais dende onde se contemplan frondosas paisaxes e as míticas postas de sol. Resulta agradable achegarse á praia para observar ás mariscadoras recollendo moluscos.
        • iconRueiro
        • iconOnde XantarA señorial vila de Cambados asombra o visitante co seu espléndido conxunto histórico… pero co que realmente o conquista é coa súa incomparable gastronomía. Cambados, conta con tres portos, destacando o porto pesqueiro de Tragove, onde se sitúa a lonxa. Alí, cada día, mariñeiros e mariscadoras traen á poxa a captura da xornada. Os restauradores acoden a ela para poder ofrecer nas súas cartas os peixes e mariscos máis frescos e de mellor calidade. Isto, xunto cos produtos frescos da horta, as conservas…, e todo maridado co mellor albariño, fan que a vila cambadesa conte cunha das mellores ofertas de restauración da comarca. Así, establecementos de cociña tradicional, restaurantes de cociña de deseño e Estrela Michelin, xunto con mesóns, taperías e vinotecas fan que o recordo de Cambados non só quede na nosa memoria senón tamén no noso padal.
        • iconOnde DurmirCambados caracterízase por ser un municipio hospitalario, onde o visitante se sente a gusto polo trato amable e o carácter aberto dos seus habitantes. A oferta hostaleira é ampla e diversa con moi boa relación calidade-prezo, o que permite gozar tanto dunha acolledora casa rural, onde a paisaxe impón a súa beleza, como dun confortable cuarto en pleno centro histórico da vila. Desde 1966 Cambados conta, entre a súa oferta turística, co Parador Nacional do Albariño, que garante unha estancia agradable para o visitante máis esixente. Todos os establecementos hostaleiros da vila coidan con esmero os detalles para que, en calquera estación do ano, o visitante se sinta coma na casa e disposto para gozar da súa oferta cultural.
  • Sede Electrónica
  • Galeria Fotográfica
  • Novas
  • Contacto
logo

Alertas de Emprego

CONCELLO DE CAMBADOS:  Centro Colaborador do SPEG para orientación e captación de ofertas
Está vostede aquí: Inicio / ÁREA DE EMPREGO e ORIENTACIÓN LABORAL / Alertas de Emprego
Share this page

Asunto: requisitos e opcións de inscrición no SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Enlace a medidas accede ás medidas

Requisitos

Estes son os requisitos que debes cumprir se queres participar no programa:

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza que se atopen en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os estranxeiros titulares dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Ter o empadroamento en calquera localidade do territorio nacional español.
  • Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • No ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións educativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • No ter recibido accións formativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolven no marco da Garantía Xuvenil.

Cómo podo inscribirme?

Para acceder é necesario cumprir as condicións anteriores. En caso contrario, non se poderá facer efectiva a inscrición.

Con carácter previo á inscrición, o Ministerio de Empleo y Seguridad Social realizará os controis necesarios para comprobar o cumprimento dos requisitos anteriores.

Unha vez realizada a inscrición a Xunta de Galicia e a Administración Xeral do Estado, cada unha no marco das súas competencias, as empresas que consideren aplicarse algún dos incentivos previstos na normativa vixente para este suposto, así como as entidades que colaboran na xestión do Fondo Social Europeo, poderán ofrecer algunha das medidas ou actuacións recollidas no catálogo do Plan de Implantación de la Garantía Xuvenil e na Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven.

Pasos para darse de alta no sistema

Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil se deben cumprir os requisitos establecidos e acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirse.

Presentámoste varias opcións:

1. Acceso ao rexistro con DNI electrónico ou certificado

A forma máis sinxela e rápida de acceder ao rexistro é a través de DNI electrónico, certificado electrónico recoñecido ou outros medios que se establezan normativamente e que se habilitarán para o seu emprego por parte das persoas usuarias.

Información para obtelo

2. Acceso con usuario e contrasinal

Os mozos e mozas interesados en iniciar a inscrición telemática que non dispoñan de identificación electrónica poderán solicitar o seu usuario e contrasinal enchendo o formulario de solicitude de usuario e contrasinal adxunto entregándoo en calquera das oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado, da Xunta de Galicia ou das entidades establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Despois de entregar o impreso, o interesado recibirá por correo electrónico a comunicación do seu código de activación que deberá introducir no enlaceActivar usuario situado na páxina de acceso ao Sistema para obter o seu contrasinal.

Este código de activación tamén se pode solicitar por correo electrónico enviando o nome completo, DNI, teléfono mobil e correo electrónico a: garantiaxuvenil@xunta.gal ou a través do teléfono 012.

3. Outras formas de acceso

A inscrición débese realizar por vía telemática en todos os casos coa excepción de aquelas persoas que se atopen en risco de exclusión social que conten co certificado que o acredite e/ou discapacidade recoñecida. Estas persoas poderanse inscribir mediante a presentación do formulario de inscripción ao sistema de garantía Xuvenil adxunto nas oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia e das Entidades establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Procedemento de atención ao beneficiario

O procedemento desde que un usuario cursa a súa inscrición abrangue estes catros pasos:
  • Inscrición telemática no rexistro do SNGX.
  • Incorporación ao sistema e elaboración do perfil.
  • Notificación da resolución de inscrición.
  • Proposta de actuación.
INICIAR INSCRIPCIÓN Non esperes máis

Concello de Cambados

¡Descubre Cambados!
Síguenos nas Redes Sociais
  • Facebook
  • Twitter
  • YouTube

Noticias (clic aquí para ver todas)

  • Inauguración da exposición “Carlos O. Oubiña. 50 anos de pintura (1968-2018)”
  • “Mariñeiro”: unha curtametraxe documental de Juan Galiñanes
  • Música de cine no Auditorio Municipal
  • Programación de Entroido do Concello de Cambados
  • Memoria 2017 da Fundación Plácido Castro

Categorías

Novembro 2026
M T W T F S S
« Feb    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

O Tempo

O tempo

Ligazóns interesantes

  • Ofertas Emprego
  • Orientación Laboral
  • Perfil do Contratante
  • Portal de Transparencia
  • Sede Electrónica
  • Taboleiro de Anuncios

CONTACTO

alcaldia@cambados.es

986 520 902 / 986 520 943

CONCELLO DE CAMBADOS

Nif: P3600600E
Domicilio social: Praza do Concello 1, 36630 – Cambados (Pontevedra)

  • Mapa do sitio web
  • Aviso Legal
  • Aviso de Cookies

© 2018 Concello de Cambados. Todos os dereitos reservados. Deseño web: DYW