Lita Cabellut estará este venres na nosa vila, onde ás 12:00 se inaugurará unha instalación súa no concello, enmarcada dentro da VI semana mundial da educación artística convocada pola UNESCO. Os actos previstos na comarca do Salnés comezan mañá xoves en Vilanova de Arousa, cunha presentación e photocall na escola de arte Sienna ás 11:00, […]
O domingo 28 de maio, ás 19:00 o salón José Peña acolle a terceira edición da Xuntanza de Bandas de Música Xuvenís de Cambados, na cal participarán a Banda Xuvenil da ESMU Municipal de Caldas de Reis e as Bandas Infantil e Xuvenil da ESMU e CMUS de Cambados.
Os días 24 e 25 de novembro de 2017 celebrarase en Santiago de Compostela a IX Xornada Estatal de Psicoloxía Contra a Violencia de Xénero, organizada polo Consejo General de la Psicología de España e por este Colexio Oficial, e que será un foro no que construír un retrato máis completo da violencia por motivo de xénero. […]
Este venres terá lugar no Auditorio Municipal unha mostra de teatro escolar, ás 18h, coa interpretación das seguintes obras: -“A laranxa máis laranxa de todas as laranxas”, de Carlos Casares, interpretada polo grupo de teatro do IES Salesianos de Castrelo – “O peor inimigo”, adaptación dun conto de Jorge Bucay, a cargo do grupo de […]
Plan de Obras e Servicios (Plan Concellos), 2017 O Plan de Emprego, incluído na liña 3 do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal para o exercicio 2017, permite a contratación de desempregados para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, a través da prestación de servizos mínimos de […]
Descargar: Boletín de Ofertas de Emprego 19.05.2017_Cambados.pdf Descargar: taboleiro.odt Adxuntos Descargar: Boletín de Ofertas de Emprego 19.05.2017_Cambados.pdf (151 kB)Descargar: taboleiro.odt (21 kB)
A Deputación de Pontevedra, dentro das accións formativas da Escola de Igualdade María Vinyals, organiza unha xornada para visibilizar o traballo das mulleres na viticultura, creando un espazo de encontro no que compartir experiencias e testemuños de mulleres que participan no proceso de investigación, elaboración e comercialización do viño en Galicia. Con motivo de que […]
A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, dirixida por Tino Cordal, organiza una excursión ás Illas Cíes para maiores de 65 anos. A excursión realizarase o vindeiro xoves 15 de xuño. O Concello alugou con esa finalidade un catamarán que sairá do porto de Tragobe ás 10 da mañá dese día. A viaxe […]
BEST BOY é o nome da banda liderada por Ángel Sánchez e Lucas Fernández. Chegan desde Tui e estanse a converter na banda revelación despois das súas exitosas aparicións no Festival Sin Sal, Festival da Luz, Mercado da Estrela, Festa Demoscópica Mondo Sonoro, Lapso 2015, Atlantic Fest … Influezas? pois … todas. Desde o blue […]
Mañá martes, ás 20:30h na biblioteca municipal Luis Rei terá lugar a presentación de “blues para Moraima”, de Miguel Anxo Fernández, nun acto no que o autor estará acompañado por Eduardo Galán e Víctor Caamaño, e que contará coa actuación musical de Modesta Padín e Nelly Iglesias.


