O venres 5 de maio impartirase unha xornada sobre adestramento de cans en Exposalnés. A charla, gratuíta, terá lugar de 16:00 a 17:00 horas e a continuación haberá unha clase de paseo con cans no paseo da Calzada.
O Concello de Cambados pon en marcha durante o mes de maio unha serie de talleres orientados a fomentar as relación interxeracionais poñendo en valor os oficios tradicionais. Estes taleres son: -Obradoiro de redes: sábado 6 de maio de 17:00 20:00 en Exposalnés -Obradoiro e exposición de cestería en madeira: do 9 ao 12 de maio de […]
O Concello de Cambados e os libreiros da nosa vila conceden o premio Ramón Cabanillas 2017 ao escritor, historiador da literatura galega e catedrático da Universidade de Vigo Xosé Ramón Pena. Este recoñecemento entregarase nun acto que terá lugar no auditorio municipal o vindeiro 3 de xuño ás 20:00h.
O PROXECTO SMARTPEME DA DEPUTACIÓN LEVARÁ A CABO SEIS CURSOS EN MAIO NO CENTRO EXPOSALNÉS DE CAMBADOS SmartPeme é un programa de asesoramento no ámbito das TIC da institución provincial destinado ás persoas emprendedoras e ás pemes da provincia O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá, durante todo o mes de maio, seis obradoiros ao abeiro […]
Descargar: taboleiro.odt Adxuntos Descargar: taboleiro.pdf (25 kB)
A Concellería de Xuventude do Concello de Cambados quere agradecer aos alunmos e alumnas a súa participación nos talleres monográficos de tempo libre que se desenvolveron no centro sociocultural da Merced durante o mes de abril, adicados á globoflexia e á creatividade con materiais de reciclaxe. Ademáis, infórmase de que se amplía unha semana máis […]
O sábado 13 de maio terá lugar en Exposalnés este taller, impartido por Lara de Saa, fisioterapeuta infantil especializada en neuroloxía e terapia acuática. -Información sobre o taller: Cando convivimos cunha persoa dependente, que necesita axuda para moverse e/ou para as súas actividades da vida diaria, o esforzó físico do coidador ao longo do tempo […]
Dirixida por Rodrigo Romaní, SondeSeu, a Orquestra Folk de Galicia, converteuse desde a súa aparición na escea folk europea no ano 2001, nunha pioneira e novedosa fábrica de talento e creatividade. Extraída da experiencia pedagóxica da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, que acolle na actualidade a máis de 500 alumnos matriculados […]
O domingo 7 de maio terá lugar a Festa da Bicicleta, con saída ás 11:00 dende a Praza de Fefiñáns e cun percorrido de aproximadamente 11 Km. Ao final da marcha haberá un sorteo de bicicletas para o cal vos podedes inscribir ás 10:00 na mesma Praza de Fefiñáns. Lembrade que bici e casco deben […]
Emisión en directo do Pleno Ordinario Municipal do concello de Cambados do mes de abril


