HEREDEIROS DA CRUS CELEBRAN 25 ANOS DE CARREIRA NA LXV FESTA DO ALBARIÑO

É a terceira cita confirmada desta xira conmemorativa das vodas de plata. A emblemática Praza de Fefiñáns recibiraos o sábado 5 de Agosto.   O sábado 5 de Agosto, Cambados recibe tras anos de clamor popular á banda do Barbanza. Tralos rumores filtrados durante a negociación entre concello e axencia, confírmase de xeito oficial que Heredeiros suben […]

FORO VOZ: “MULLERES DE VIÑO”, O XOVES 27 ÁS 20:00 NO AUDITORIO MUNICIPAL

O vindeiro xoves 27 de abril, ás 20:00, o Auditorio da Xuventude acollerá o foro “mulleres de viño”, que contará coa presenza de Paula Fandiño, enóloga de Mar de Frades; Katia Álvarez , enóloga de Martín Códax; Dolores Calvo, presidenta da cooperativa Condes de Albarei; Esther Daporta, sumiller do restaurante Yayo Daporta e María Fernández […]

OFERTAS DE EMPREGO

O servizo de orientación laboral do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: -Xefe de mantemento: Búscase a un mecánico industrial para integrar no equipo de mantemento. As súas funcións serán o mantemento correctivo e preventivo dos equipos industriais, debe posuír experiencia en electromecánica, frío industrial, maquinaria de pesaxe e envasadoras. -Operario de […]

BASES PARA O CONCURSO DE CARTEIS DA LXV FESTA DO ALBARIÑO

A Concellería de Cultura do Concello de Cambados presenta o Concurso do Cartel para a LXV Festa do Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, que se rexerá polas seguintes bases: 1ª. Participación: Poderá formar parte deste concurso calquera persoa física, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente. 2ª. Carteis: Os orixinais deberán ser […]

O CONCELLO DE CAMBADOS PON A DISPOSICIÓN DOS CIDADÁNS OS FORMULARIOS PARA O CENSO AVÍCOLA

A tecnico municipal de Medio Ambiente, no edificio administrativo a Rúa Ourense, está a disposición dos veciños de Cambados para a elaboración do censo de currais familiares que a Consellería do Medio Rural puxo en marcha tras detectarse varios focos de influencia aviaria tanto en diversos países da Unión Europea como en certas rexións de […]

EXPOSICIÓN “O SENTIMENTO, A LUZ E A COR”, DE MANUEL GONZÁLEZ. FUSIÓN ENTRE ARTE E AVOGACÍA

O despacho de avogados GÜIMIL Y ANDIÓN (da firma de ABOGADOS FGA, con sede en Vilagarcía de Arousa e Vigo), conxuntamente co Concello de Cambados, inaugura, o 7 de abril de 2017, ás 20:00 horas, na Sala EXPO-SALNÉS de Cambados, unha exposición coa obra do pintor MANUEL GONZÁLEZ, baixo o título “O sentimento, a luz e […]

OFERTAS DE EMPREGO

O servizo de orientación laboral do Concello de Cambados informa da seguinte oferta de emprego: – Búscase unha persoa con estudos de frío industrial ou electricidade para traballar en empresa adicada á venta e reparación de maquinaria de hostalaría: FRILU RIBADUMIA SLULUGAR MUIÑOS NOVOS, 11 36636 RIBADUMIA – PONTEVEDRA TELÉFONO 986724019 frilu1@hotmail.com Descargar: taboleiro.odt Adxuntos […]

BANDO DA ALCALDÍA

CAMPAÑA DE LIMPEZA E PINTADO DE EXTERIORES PRIMAVERA – 2017 Esta Alcaldía pide colaboración de tódolos veciños e veciñas co gallo de que, coa chegada do verán, os visitantes que decidan achegarse ó noso municipio, poidan disfrutar das súas vacacións, no mellor entorno posible, pois, unha imaxe ben vale mais que mil palabras. Por iso, […]