Showing 10 from 80 Items

Count:
Sort by:
Order:

Única ponte en forma de  arco que se conserva das catro que antigamente existían na praza. Eran utilizadas polos nobres do pazo para desprazarse polas distintas dependencias do conxunto, ou para acceder á parte privada que posuían na igrexa de San…

Mandado construír no ano 1622 por D. Gonzalo de Valladares, I Vizconde de Fefiñáns, na parroquia cambadesa de San Mamede de Corvillón, entre Fefiñáns e Tragove.

A casa natal de Ramón Cabanillas é unha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns, que foi rehabilitada e transformada en casa museo e aberta ao público o 28 de xullo de 1998.

Esta praza era antigamente coñecida co nome de praza Diaria, posto que era un lugar no que se podían adquirir produtos frescos, como peixe e verduras diariamente.

Praza adicada ao escultor cambadés do mesmo nome. Nela  atópase unha réplica de “A Naiciña”, unha das obras máis coñecidas do escultor, feita polo discípulo de Asorey,  Xosé Cao Lata.

Edificado na segunda metade do s. XVIII pola familia Torre de Asadelos, destacan na fachada deste pazo o patín ca porta frontal de granito, os escudos de armas coas liñaxes familiares, e o portal da entrada principal.

Mandado construír por D. Pedro Bazán de Torres, párroco de Cambados, no s. XVII, reconstruído no s. XVIII por Pedro Bazán de Mendoza, sendo residencia do seu fillo Pedro Pablo Bazán de Mendoza, famoso tradutor de Voltaire, e de Luisa Bazán,  bisavoa…

Peza realizada en bronce por Lucas Míguez en conmemoración do 50 aniversario da morte do escultor no 2011.

O paseo da Calzada é a unión natural entre as antigas vilas de Fefiñáns e Cambados. Construiuse no ano 1852 con pedras do antigo convento de San Francisco e, posteriormente plantáronse as árbores no 1855.