Situada aos pés do monte da Pastora, nas inmediacións dun antigo castro, atópanse os restos da antiga igrexa parroquial de Santa Mariña, patroa de Cambados.
Situada no monte da Pastora, moi próxima ás ruínas de Santa Mariña. Foi construída a finais do s. XVI por Juan Fariña, notario da vila, e posta baixo a advocación do Bo Xesús e a Virxe das Neves, posteriormente substituída pola da Pastora no s.…
Fermosa rúa peonil que une o centro de Cambados coa vila mariñeira de San Tomé. Nesta rúa podemos atopar o pazo de Moltó, a capela do Hospital e a capela de Santa Margarida.
Foi mandado construír polos señores de Bazán e por Alonso Troncoso y Sotomayor. Era un antigo Hospital Real do s. XVI que alberga na actualidade unha cafetería e un afamado restaurante cunha estrela Michelín.
Antigamente coñecida co nome de capela de San Roque, formaba parte do pazo pertencente á familia dos Abraldes, desparecido no s. XVIII e do que só quedou en pé a capela. Fronte a ela podemos ver un cruceiro, elemento típico galego.
O Salón de Congresos e Exposicións José Peña foi inaugurado o 25 de marzo de 2011, e encerra nos seus muros case un século de historia. O nome que se lle deu é o do fundador da conserveira e ex alcalde de Cambados José Peña Oubiña.
Antiga casa mariñeira, coñecida popularmente como casa Jovita, foi reformada na súa totalidade e desde setembro do 2005 alberga o museo Casa do Pescador, pasando a formar parte da Rede de Museos do Concello.
D. Diego de Zárate y Murga , I Marqués de Montesacro por decreto de Felipe V, construíu na vila de San Tomé o pazo de Montesacro no s. XVIII, ao estilo barroco da época.
Pertence ao pazo de Montesacro, e foi construída ao mesmo tempo que estoutro no s. XVIII. É de carácter semipúblico e nela venérase á virxe da Valvanera, tradición rioxana traída polos Marqueses de Montesacro.
O descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago a principios do s. IX e o posterior levantamento da catedral, provocaron que xurdisen estas torres de vixía para defender a ría de Arousa e Compostela dos ataques de normandos e viquingos.
