Dende o Concello de Cambados, estáse a organizar a celebración do Día das Bibliotecas que se ampliará a varios días do mes de outubro. Así, comezarán coa compañía Trinke Trinke e os seus famosos ratiños e ratiñas das bibliotecas que inician este venres 14 un periplo polas diferentes axencias de lectura das parroquias dando a […]
Este domingo 16 de outubro a partires das 19:00 hrs no Auditorio Municipal “A Xuventude” a compañía de teatro Contraproducións S.L presentará a obra O Tolleito de Inishamaan. Podería ser unha aldea galega pero é unha pequena illa irlandesa. Seres máis ou menos adorables, máis ou menos odiosos que, nun mundo illado, viven as súas […]
Mañá sábado 24 de setembro ás 12:00 horas, Miguel Angel Alonso Diz presenta na Biblioteca Municipal Luís Rei os seus Contos Soñados. Non perdades esta ocasión para disfrutar da maxia das súas obras! Sherezade achegará ao auditorio a un mundo cheo de aventuras, cores e perigros con ‘Contos soñados’, un espectáculo que xoga coas palabras. […]
Concello de Cambados ofrecerá, este domingo 25 de Setembro na Praza do Concello, a actuación da compañía de maxia “Duende Sico” e o seu espectáculo Animágicus. Este ciclo de Cultura no Camiño 2016 que se iniciou co concerto de Roi Casal no mes de Agosto completase coa actuación da Compañía de Maxia “Duende Sico” e […]
Resolución das solicitudes admitidas e denegadas para o Plan Madruga – Os primeiros de cole para este curso escolar. Das 150 solicitudes recibidas, aceptáronse un total de 138. Das 12 non admitidas, 5 correspóndense co colexio de Corvillón que non reúne o mínimo de nenos e nenas necesario (10) e as restantes 7 non cumpren […]
“Que fago da miña vida?” é o título dunhas xornadas de interacción xuvenil organizadas pola agrupación Efervescencia Mental. Estas xornadas terán lugar o venres 30 de setembro e o sábado 1 de outubro no Auditorio da Xuventude, e buscarán poñer en contacto a xóvenes de diferentes ámbitos para intercambiar experiencias e mesmo emprender proxectos conxuntos. […]
A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía informa da próxima realización dos seguintes cursos: – Curso básico de prevención de riscos laborais no sector do marisqueo a pé. – Curso de boas prácticas e manipulación de produtos pesqueiros frescos. – Curso de habilidades sociais para o sector do marisqueo a pé. – Curso […]
A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Cambados informa de dous novos cursos: – Xogos en Igualdade – Xogos xerontolóxicos Estas actividades, enmarcadas na campaña de promoción do uso da língua galega da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, desenvolveranse nas instalacións do centro sociocultural “A Merced”. Para anotarse nos cursos […]
Concello de Cambados informa que o vindeiro luns, día 19 de setembro, abrirase o prazo de inscripcións para a Escola Deportiva Municipal de Patinaxe. Destinada a nenos e nenas de 5 a 15 anos, as inscripcións realizaranse de modo presencial na Oficina do Dinamizador Deportivo, sita no Edificio Multiusos de A Merced (segundo piso), de […]
OFERTA EMPREGO DUE Publicada: Proxecto ILES 12/09/2016 Empresa: Saraiva Localidade: Pontevedra Descrición: Coordinador/a para o centro multiservicios Saraiva Sénior: aloxamento residencial, centro de día e unidade de memoria Requisitos: Titulación sanitaria en enfermería e post-grado ou especialización en dirección de centros. Mínimo 3 anos de experiencia acreditable en coordinación de servizos e/ ou equipos socio-sanitarios. […]


