VI Xornada de Cetrería que se desenvolverá no parque de Torrado mañá sábado. Así mesmo e dentro da citada xornada, a partir das 16:30, na Praza de Fefiñáns, realizaranse exhibicións de voos das aves
O pasado sábado, coas “I Xornadas de Normalización Lingüística”, iniciamos un proxecto (Diver-diversidade en Cambados!!) que implicaría unha serie de actividades en torno á normalización Lingüística a desenvolver no mes de setembro, aproveitando que o día 26 será o Día Europeo das Linguas. Así, cada sábado deste mes, realizarase unha actividade de dinamización lingüística, de […]
Descargar: Boletin de ofertas de emprego Fundación Amigos de Galicia Cambados.pdf Adxuntos Descargar: Boletin de ofertas de emprego Fundación Amigos de Galicia Cambados.pdf (166 kB)
Esta fin de semana, Cambados acolle a novena edición da exposición fotográfica Proxecta´16, que convirte á nosa vila nun punto de encontro para afeccionados e profesionais do sector. Premio de Fotoperiodismo Galaico/Portugués a partir do 03/09 ata o 02/10 na sala de Exposicións do Pazo de Torrado (Festival Proxecta 2016). Inaugúrase o sábado 03/09 ás […]
A Biblioteca Municipal Luís Rei despide a vindeira semana a programación de actividades infantís que este verán tiveron lugar entre os meses de xullo e agosto. Este ano sumouse, a pintora afincada en Cambados, Emérita Méndez, que levou a cabo un obradoiro de pintura creativa para unha decena de rapaces. O martes 30, a partir das 13.00 horas, […]
Emisión en directo do Pleno do 25 de Agosto de 2016.
O xoves 25 de agosto, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte ORDE DO DÍA: 1. Aprobación das actas das sesións extraordinarias celebradas o 31 de maio e ordinaria de 30 de xuño de 2016 e 28 de xullo de […]
Exhibición de Taekwondo organizado polo Club Vital Sport Cambados, en colaboración co Ilmo Concello de Cambados no parque Torrado. Comezo sobre as 19:30 horas e previsión de finalización, sobre as 21:00 horas. En caso de condicións meteorolóxicas adversas, a exhibición trasladarase ao Salón de Pena, sito na Rúa Borrón de Cambados.
O martes, día 23 de agosto de 2016, levamos a cabo este Programa preventivo na Autoescola Sueiro. Realizaremos 1 actividade dirixida á poboación que está preparándose para a obtención do permiso de circulación. O horario de inicio está programado ás 11:00h. A xustificación deste tipo de intervención parte da alta incidencia do alcohol e outras drogas na siniestralidade […]
O luns 22 de agosto ás 20:30 horas, no Pazo de Torrado preséntase o libro “Galicia entre copas”, de Mariano Fisac. Ademais do autor, o acto contará con Laura Rodríguez Herrera, editora, e representantes das adegas da zona.


