Descargar: Ofertas Cambados 10-5-2016.pdf Descargar: Ofertas Vilagarcia 10-5-2016.pdf Adxuntos Descargar: Ofertas Cambados 10-5-2016.pdf (210 kB)Descargar: Ofertas Vilagarcia 10-5-2016.pdf (58 kB)
Hoxe, un grupo de alumnado de intercambio, acompañado por dous profesores, foron recibidos no Concello de Cambados.Trátase dun grupo de 15 alumnos que ten entre 16 e 18 anos. Realizaron un paseo polo barrio de San Tomé ata as Ruínas de Sta. Mariña, acompañados dunha guía local. Están do 7 ao 14 na casa das familias cambadesas, […]
Este domingo celebrouse en Cambados a Festa da Bicicleta, unha edición marcada polas malas previsións meteorolóxicas pero na que non faltou participación. Aproximadamente 800 persoas déronse cita para desafiar a unha climatoloxía que finalmente ofreceu unha tregua permitindo así completar un percorrido de aproximadamente 11 quilómetros que saíu ás 11 da mañá da Praza de […]
ANUNCIO Asunto: CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DE CATRO AUXILIARES DE POLICIA LOCAL NO CONCELLO E CAMBADOS EN ÉPOCA ESTIVAL. Con data de 9 de maio de 2016 a Acaldesa do Concello de Cambados, por avocación acordou aprobar as Bases e a convocatoria para a contratación temporal de 4 auxiliares de Policía Local. Modalidade do […]
A biblioteca Luís Rei e as axencias de lectura das parroquias, contarán un ano máis cunha programación especial para celebrar as Letras Galegas grazas ao programa de animación á lectura Ler Conta Moito. Comezarán o luns 9 de maio ás 18.00 horas na Biblioteca Luís Rei cunha xira “ratoniana” que seguirá polo resto das axencias […]
O concello de Cambados firmou un convenio de colaboración cos institutos que imparten ciclos formativos da rama de automoción en Vilalonga e A Guarda. Este convenio sigifica que os vehículos abandonados ou retirados pola grua municipal, e que son rexeitados polos seus propietarios, tendo como destino o desguace, serán entregados a ditos centros para ser […]
O Sábado 28 de maio na Carballeira de Caldas de Reis celébrase a terceira romaría do emigrante retornado. O programa da xornada será o seguinte: 12:30 – Inauguración da sede da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla Umia (AERU) 13:00 – Concerto da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis 14:00 – Xantar popular 16:00 […]
O venres 6 de maio ás 20:00 inaugúrase no Pazo de Torrado a exposición colectiva Cancioneiro, de ArtefactoSalnés2016, un proxecto artístico do IES Ramón Cabanillas en colaboración co Concello de Cambados. A exposición poderá ser visitada entre o 6 de maio e o 12 de xuño en horario de 17:00 a 20:00.
Descargar: Ofertas de Emprego (3-5-2016).pdf Adxuntos Descargar: Ofertas de Emprego (3-5-2016).pdf (209 kB)
O Concello de Cambados realiza, a través do Plan de Emprego da Deputación de Pontevedra, unha nova convocatoria de emprego público. O sondeo para seleccionar aspirantes a ditos postos será realizado pola Oficina do Servizo Público de Emprego Estatal (rúa Fonte de Fefiñáns, 4), e a selección definitiva será realizada polos técnicos do Concello, dando […]


