O vindeiro domingo 8 de maio terá lugar en Cambados a Festa da Bicicleta, que sairá ás 11:00h da Praza de Fefiñáns. O percorrido será de aproximadamente 11km, e ao final da marcha haberá un sorteo de bicicletas. Para participar en dito sorteo haberá que inscribirse ás 10:00h na praza de Fefiñáns
Descargar: Ofertas de emprego (2-5-2016).pdf Adxuntos Descargar: Ofertas de emprego (2-5-2016).pdf (75 kB)
Con motivo da celebración do día de Europa, os mercados municipais da provincia de Pontevedra serán o escenario dunha serie de actividades de degustación de receitas típicas de Europa, elaboradas con produtos das Rías Baixas. A preparación dos pratos corre a cargo do alumnado dos centros de FP de hostalaría Carlos Oroza de Pontevedra e […]
Este domingo 1 de maio ás 17:30 horas celebrarase no parque de Torrado a Festa dos Maios, coa participación dos grupos: -Asociación Xuvenil Clave de Sol -Asociación Cultural Xuventude – Asociación Cultural Con de Xido -Asociación Cultural Corvillón -Asociación Obradoiro Volandeira -Clube Mariño Salnés -AMPA O Castro -AMPA Con de Sete Pías
A Concellería de Cultura do Concello de Cambados presenta o Concurso do Cartel para a LXIV Festa do Albariño, declarada de Interese Turístico Nacional, que se rexerá polas seguintes bases: 1ª. Participación: Poderá formar parte deste concurso calquera persoa física, sen máis limitacións que as impostas pola legalidade vixente. 2ª. Carteis: Os orixinais deberán ser […]
Emisión en directo do Pleno do 28 de abril de 2016.
O xoves 28 de abril, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte ORDE DO DÍA: Lembramos que a sesión plenaria será emitida en directo a través da nosa canle en youtube, con enlace nesta mesma páxina web. Descargar: ORDE DO DIA […]
Este sábado 30 de abril dispútase no Pavillón municipal do Pombal a fase final do campionato galego feminino de voleibol. Os horarios son os seguintes: 10:00 Semifinal 1: CV Ribeira Sacra – Calasancias Coruña 12:00 – XAV Cambados – Mel-Fror Emevé 17:00 – 3º e 4º posto 19:00 – Final 21:00 – entrega de trofeos
O domingo 24, celébranse en Cambados as seguintes actividades: – XXVII maratón popular de Oubiña (memorial Manuel Mariño): a partires das 11:30, organizado pola asociación de vecinos de Oubiña. A inscrición poderá realizarse a través do correo as.oubinha@gmail.com ou, dende una hora antes do comezo da carreira, no centro cultural Manuel Mariño Castro de Oubiña. – Andaina […]


