Co obxectivo de centrarse sobre a problemática das sociedades que envellecen, e de recoñecer o importante papel que teñen as persoas maiores nas súas familias, comunidades e sociedades, a ONU proclamou en 1990 que o Día Internacional das Persoas de Idade se celebra o primeiro de outubro de cada ano. O Concello de Cambados quere […]
Esta mañá foron presentados os dous novos obradoiros de emprego que serán impartidos en Cambados, os cales comezarán mañá. A presentación foi realizada pola alcaldesa Fátima Abal, o concelleiro de educación e cultura Victor Caamaño, o concelleiro de Servizos Sociais Tino Cordal, a secretaria territorial da Xunta Ana Ortiz, o director do Obradoiro Enrique Ferreiro […]
A Xunta de Goberno Local celebrada no dia de hoxe acordou participar na convocatoria publica da subvención da Deputación de Pontevedra para financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de 30 persoas desempregadas a través II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015. As mencionadas axudas ou […]
O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), acordou por unanimidade dos seus membros asistentes, a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma15), que inclúe o procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na […]
DENOMINACIÓN “SEGURO DE COBERTURA DE RISCOS DA FROTA DE AUTOMÓBILES MUNICIPAL” PRESUPOSTO DO SERVIZO: 14.370 euros anuais. Esta Alcaldía, en uso das facultades atribuídas, ten a ben RESOLVER: Inicia-lo expediente de contratación do servizo referenciado e que pola Intervención se certifique a existencia de crédito en cumprimento do disposto polo artigo 109.3 do TRLCSP. É […]
A Concellería de Cultura do Concello de Cambados organiza, grazas á colaboración do voluntariado de Cruz Vermella do Salnés, un Obradoiro de Pintura para persoas maiores de 65 anos na Biblioteca Municipal. O obradoiro “Arte e Saúde” tratará de achegar ás persoas participantes ás disciplinas artísticas, como a pintura, o debuxo e o collage, potenciando […]
Mañá sábado dispútase no Pavillón do Pombal o Torneo Albariño de Baloncesto. O partido será ás 18:00 horas e enfrontará ao Xuven co Vitoria de Guimarães, subcampión de liga da 1ª división portuguesa.
As Cámaras de Comercio galegas poñen en marcha o I Concurso de Emprendedores de Galicia. O concurso consiste na gravación dun vídeo de menos de 2 minutos no que os participantes presentarán a súa idea de negocio/proxecto innovador, mencionando o programa “Aprende a Financiarte” Despois, deberá dárselle difusión ao vídeo para que resulte seleccionado entre as 10 […]
Esta tarde ás 20:00h inaugúrase no Pazo de Torrado a exposición “Superficies do Tempo”, de Guillermo Pedrosa, que poderá ser visitada ata o vindeiro 25 de outubro, de martes a domingo de 17 a 20 horas. “A concepción bidimensional da pintura sitúa estes traballos nun terreno híbrido, complexo a hora de inscribilos nas metodoloxías […]
Informamos de que o vindeiro sábado 26 a rúa Isabel II estará pechada ao tráfico por motivo da celebración da Festa Mariñeira. Desculpen as molestias.


