Esta mañá foi presentada no Museo do Viño de Cambados a nova páxina web www.cambadosenoturismo.com, unha nova ferramenta coa cal o Concello continúa coa súa aposta pola promoción do enoturismo. Na páxina, que contará cun enlace permanente dende esta mesma páxina, ofrécese información sobre as adegas, así como únha completa guía virtual coa cal descubrir Cambados. […]
Por medio da presente infórmase que se procederá á contratación, como contrato menor, das obras de “REFORZO DO FIRME EN TELLEIRA-VILARIÑO”, aos efectos de que polas empresas interesadas se formulen ofertas económicas para as indicadas obras. As proposicións para participar deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cambados, ata o vindeiro día 2 de outubro de […]
O Concello ten previsto poñer en marcha un Plan de Práctica Laboral do curso AFD, Operacións Básicas de Restaurante e Bar, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar HOTR0208, que se está a celebrar no Centro Cultural A Merced . OBXECTO.- Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria […]
Chega a Cambados a exposición sobre Xosé Filgueira Valverde, homenaxeado nas Letras Galegas 2015, que a Deputación de Pontevedra está a levar por varios concellos da provincia. A mostra está organizada pola Deputación de Pontevedra, a través do Museo, e a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Cultura, Educación e […]
Pola presente convócase a Vde. á sesión ordinaria que celebrará o PLENO DA CORPORACIÓN, na Casa Consistorial, ás 21’00h., do día 24 de setembro de 2.015 (xoves). Ó mesmo tempo que lle lembro o deber da súa asistencia, comunícolle que se atopan nas Oficinas Municipais os antecedentes e expedientes relacionados cos asuntos que figuran na […]
Dáse conta do Ditame Proposta formulado pola Comisión Informativa de Cultura, en sesión celebrada o día 21/09/2015, para concesión de axudas a Entidades sen fin de lucro de carácter socio-cultural para o presente ano 2015, en base á valoración formulada polos Servizos Municipais e que se recolle na Proposta da Presidencia. A Xunta de Goberno […]
20 alumnos de primeiro de bacharelato do IES Ramón Cabanillas, estudantes de debuxo artístico, visitaron acompañados de Fernando Arenaz as exposicións do Festival Proxecta, que rematou a pasada fin de semana. Os alumnos visitaron a exposición Estaçao Imagem, no Pazo de Torrado, así como a a de procesos antigos de fotografía sita en Exposalnés e […]
Esta aberto o prazo de inscrición para o curso de “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios” do programa ACTIVATE 2015 da Deputación de Pontevedra, que se vai celebrar no centro “la Merced” no mes de outubro. Está dirixido prioritariamente a moz@s entre 16 a 35 anos de idade, empadroados no concello solicitante, desempregados ou non. […]
Dende a Concellería de Cultura do Concello de Cambados estanse a preparar, unha serie de actividades extraescolares para os máis pequenos da casa, axudando así ás súas familias na conciliación familiar polas tardes. Dita programación iniciarase o vindeiro xoves 1 de outubro na Biblioteca Municipal Casa dos Fraga e as súas axencias de lectura nos […]


