O Concello de Cambados dende a concellaría de Igualdade organiza a partir do 22 de xaneiro e ata o 6 de febreiro un curso de defensa persoal. O curso terá unha duración de 12 horas que se repartirán en sesións de 2 horas con horario de tarde e estará dirixido por un policía especializado en […]
O Concelleiro de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade de Cambados, Tino Cordal, amosa a súa satisfacción polo éxito da campaña de Nadal que serviu para recoller alimentos non perecedoiros, típicos do Nadal, produtos de hixiene corporal e xoguetes novos ou en bo estado de uso. Esta campaña do Nadal realizouse grazas á colaboración da […]
A Concellaría de Cultura e Ensino do Concello de Cambados ven de resolver as axudas ou bolsas de ensino municipais para este curso escolar, destinadas a alumnado de Primaria, Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e Universidade. Estas axudas tiñan como finalidade a adquisición de material escolar e transporte para aqueles alumnos e alumnas de Cambados que […]
Cambados recupera as Xornadas de Exaltación da Zamburiña. Tras catro anos de ausencia pola escaseza de capturas, Concello, Asociación de Comerciantes, e Confraría de Pescadores retoman as Xornadas que se celebrarán do 30 de novembro ao 5 de decembro. Dez locais de hostelería participarán na iniciativa coa elaboración de propostas a base de zamburiña que […]
A Sala de Exposicións do Pazo de Torrado acolle entre o 24 de novembro e o 7 de xaneiro, en horario de 17 a 20 horas de martes a domingo a exposición “Silencios Naturais”, de Morquecho. A inauguración terá lugar o sábado 25 ás 20h.
O domingo 26 de novembro, o auditorio municipal da Xuventude acollerá un encontro de corais, con motivo do XIX aniversario da Coral Polifónica de Santa Mariña. Este encontró será ás 19:00 e contará coa participación da agrupación músico-vocal “alegre intermezzo”, o grupo Cremallera e a Coral Polifónica de Santa Mariña.
En virtude do acordo de colaboración entre o Club Juventud Cambados e o Real Club Celta de Vigo, ambas entidades seguen organizando diversas actividades de xeito conxunto. A vindeira de elas terá lugar o vindeiro mércoles no auditorio de Cambados, dirixida a pais e nenos do noso fútbol base. A actividade consistirá nunha charla que […]
A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro e o Concello organizan a terceira edición do Desfile de Moda. A cita terá lugar o vindeiro domingo 19 de novembro as 18:00 horas no Salón de Exposicións José Peña. O acto de presentación contou coa participación do presidente da Asociación, Juan Rey, o Concelleiro de Economía, Xurxo […]
O concello de Cambados organizará o vindeiro mércores 15 de novembro a xornada: “Impacto das Redes Sociais na xuventude e na adolescencia: Que podemos facer? Que debemos facer?” Esta xornada, que organizan conxuntamente as concellarías de Igualdade e de Novas Tecnoloxías, desenvolverase a partir das 19:00 horas do mércores 15 de novembro, e será de […]
Descargar: OFERTAS_CAMBADOS_10112017.pdf Adxuntos Descargar: OFERTAS_CAMBADOS_10112017.pdf (110 kB)


