O venres 8 de decembro, a partires das 13:00 na adega Condes de Albarei celébrase a III Gala Xantar Benéfica de GaliciAME, que estará presentada por Belén Xestal e Armando Fernández e contará coa actuación de: Sanjurjo&Dopico, Rosa Cedrón, Guadi Galego, SES, David Prado, Sapoconcho, Kiko Cadaval e Os demos da petaca. As entradas (adultos […]
O Salón Peña acollerá o sábado 2 de decembro, a partires das 20:00, o festival Albariño Can-Fest, no que participarán os grupos Gatillazo, Mamá Ladilla, Konflikto, Bergallazo, Innoppiah e The Royal Flash. A recadación irá destinada ao refuxio de Cambados.
O domingo 26 de novembro, ás 14:00 celebrarase no Salón Peña un xantar a prol do pobo saharaui, organizado por SOGAPS e que contará coa actuación musical de Xironsa. As entradas (12€ adultos; gratis menores de 8 anos) podense comprar na Oficina de Turismo de Cambados, no Museo Valle-Inclán (Vilanova) e na zapatería 100PIES (Vilagarcía)
Este venres 10 de novembro, ás 20 horas, celebrarase en ExpoSalnés unha charla informativa sobre a polémica reforma da Lei da Saúde que quere levar adiante a Xunta de Galicia. Esa reforma provocará a supresión da área sanitaria do Salnés, reducindo consultas e servizos no Hospital comarcal, e incrementará o desvío de pacientes cara aos […]
Mañá mércores, 8 de novembro, está convocada unha concentración contra a instalación dunha antena de telefonía móbil na rúa Os Caeiros. Esta concentración será ás 19:00 horas diante da praza do Concello.
Este xoves, 9 de novembro, entre as 17:00 e as 20:00 horas terá lugar na sede do GALP Ría de Arousa (Recinto Feiral FEXDEGA, Vilagarcía de Arousa) a reunión do programa ALIADAS, que tenta impulsar o asociacionismo entre as mulleres do mar. Inscricións en candieira.net ou chamando ao 986 510 953. Aliadas é un programa […]
Mañá sábado 4 de novembro, o complexo deportivo do Pombal acolle, entre as 9:00 e as 15:00, a copa deputación de Taekwondo (entrada de balde). A proba está organizada polo Vital Sport e será clasificatoria para a competición autonómica.
O servizo de información, orientación e prospección de emprego do Concello de Cambados informa das seguintes ofertas de emprego: MAQUINISTA ENVASADORA MULTICABEZAL DEPURADORA MARISCO EMPRESA: DEPURADORA MARISCO ZONA XEOGRÁFICA: O Salnés DESCRICIÓN: Maquinista para máquina envasadora e pesadora multicabezal en depuradora de marisco. REQUISITO IMPRESCINDIBLE: Experiencia como maquinista de envasadora multicabezal. HORARIO: Turno tarde-noite. CONTACTO: depuradora.rrhh@gmail.com Descargar: Boletín de Ofertas […]
O xoves 9 de novembro conmemórase o LVIII cabodano de Ramón Cabanillas, o poeta da raza. Por este motivo, ás 19:30 realizarase unha ofrenda floral no monumento a Cabanillas situado no Paseo da Calzada, e ás 20:00 será a presentación do especial AFONDO RAMÓN CABANILLAS, do xornal SERMOS GALIZA.
Emisión en directo do Pleno Ordinario Municipal do concello de Cambados do mes de Outubro de 2017


