EXPOSICIÓN DE CARLOS O. OUBIÑA EN EXPOSALNÉS

O Concello de Cambados presenta na sala de exposicións de ExpoSalnés, unha exposición de pintura de Carlos O. Oubiña. A exposición inaugurarase o día 7 de febreiro e poderase visitar ata o día 1 de abril.

Carlos O.Oubiña pertence ao grupo o grupo FOGA (Fato Ounirista Galego) fundado por entre outros o cambadeses Lino Silva e Paco Leiro.

Francisco Leiro é considerado un dos máis importantes escultores do panorama artístico internacional. Lino Silva é un dos maiores representantes da corrente expresionista que percorreu a pintura galega nos anos 80 e 90. A eles únense Carlos O. Oubiña, pintor afeccionado de corte onírico que expuxo con Lino e Leiro en Cambados en 1975, e Manolo Paz, un dos escultores mellor valorados do país, quen se achegou á arte a través de Lino e o FOGA.

O FOGA foi un grupo creado por J. Méndez, Yayo Cabezas e Kukas en Santiago de Compostela no ano 1975. Grupo de marcado carácter anárquico e ecléctico, desde o seu seo, produciu abundante obra de carácter onírico, herdanza tanto do grupo surrealista de París e a súa influencia como de pintores tal que o Bosco.

Hai un ano volveron reunirse para expoñer na sala do Pazo Torrado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con