JUAN GALIÑANES ESTREA O SEU NOVO TRABALLO EN CAMBADOS

O venres 9 de Febreiro podedes asistir á estrea de ‘Mariñeiro’, unha curtametraxe documental de Juan Galiñanes. Moi recomendable!

O realizador cambadés Juan Galiñanes dedica o seu novo traballo, ” Mariñeiro”, unha curtametraxe promovida polo Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) da ría de Arousa. A película, duns 20 minutos de duración, é un canto á memoria e á ría. Concibido coa técnica do documental, é o froito de decenas de entrevistas que o propio Galiñanes tivo con mariñeiros de varios portos arousáns, desde o do Grove ao de Ribeira.

Fillo de mariñeiro, neto de subastador de lonxa, sobriño de mariñeiros… Este proxecto é especial para Juan Galiñanes

Podedes solicitar invitacións en estreagalpriadearousa@gmail.com ou ben nos teléfonos 651 617 466 (se se chama en horario de mañá), ou 629 589 930, pola tarde.

A proxección de ” Mariñeiro” é ás 18.45 horas, no auditorio da Xuventude.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con