A Festa do Albariño de Cambados acollerá o venres 31 de xullo o único concerto do grupo británico James en España, sendo ademais a súa primeira actuación en Galicia. Será ás 23 horas na Praza de Fefiñáns onde a formación encabezada polo vocalista Tim Booth despregará un repertorio que se nutre de trece LPs e catro EPs e cuxo “big bang” data de 1981. Uns veteranos, si, pero en plena forma, como testemuña o seu último traballo, “Le Petite Mort”(2014), cunhas composicións que se negan a sentarse e ver a vida (musical) pasar. Dous anos despois do seu nacemento puxeron o seu primeiro ovo discográfico, o EP “Jimone”. Co segundo Morrissey xa se tiña declarado fan confeso e pediunos como acompañantes na súa xira. Non só iso, pode dicirse que tal vez foron eles os que inauguraron a etiqueta de “os próximos The Smiths”. Coa chegada do acid house marcaron o seu hit rompedor, un “Sit Down”moi solto e adaptado a aqueles tempos que lles converteu en superestrelas do momento (o tema chegou ao número 2 nas listas británicas e converteuse nun fixo das emisoras de rock moderno de USA, onde abriron para Neil Young) e a partir de aí levaron o seu folk-pop pracenteiro cara a unha época máis experimental. Esta culminou nunha colaboración con Brian Eno, o disco de 1993 “Laid”, o de maior éxito seu en Estados Unidos. Parecíanse moito a unha institución e nese pedestal mantéñense, máis na facción do punteiro grupo de culto que na do seguimento masivo. Tras unha crise entre 2001 y 2007, cando parecía que todo se acabara, volveron en 2008 con “Hey Ma”, cun son revitalizado e máis conectado ao seu “zeitgeist”. Dende entón, e “Le Petite Mort” é a proba, non o abandonaron.
JAMES, O 31 DE XULLO EN CAMBADOS, NA FESTA DO ALBARIÑO
Deixa unha resposta Cancelar a resposta
| M | T | W | T | F | S | S |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Feb | ||||||
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | ||||||
Últimas novas
JUAN GALIÑANES ESTREA O SEU NOVO TRABALLO EN CAMBADOS
6 Febreiro 2018
O venres 9 de Febreiro podedes asistir á estrea de
EXPOSICIÓN DE CARLOS O. OUBIÑA EN EXPOSALNÉS
6 Febreiro 2018
O Concello de Cambados presenta na sala de exposic
Seleccionar Categoría
Menú Secundario
- Galeria Fotográfica
- ÁREA DE MEDIOAMBIENTE, MAR E MEDIO RURAL
- Taboleiro de Anuncios
- Descubre Cambados
- Contacto
- FACe
- Mapa do sitio web
- Inicio
- Aviso de Cookies
- Gastronomia
- ÁREA DE ECONOMÍA, FACENDA, COMERCIO, INDUSTRIA E PROMOCIÓN ECONÓMICA
- Aviso Legal
- Perfil do Contratante
- Saúdo da Alcaldesa
- ÁREA DE TURISMO
- ÁREA DE EMPREGO e ORIENTACIÓN LABORAL
- Corporación Municipal
- ÁREA DA MULLER E IGUALDADE
- ÁREA DE XUVENTUDE E NOVAS TECNOLOXIAS
- EJEMPLO PAGINA NUEVA CON PAGE BUILDER
- ÁREA DE CULTURA, ENSINO, PATRIMONIO, DEPORTE E NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA
- Novas
- Directorio
- ÁREA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ
- ÁREA DE SERVIZOS SOCIAIS, SANIDADE E TERCEIRA IDADE
Categorías
| M | T | W | T | F | S | S |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Feb | ||||||
| 1 | ||||||
| 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
| 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
| 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
| 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
| 30 | ||||||






